Non, non, o que ten a manía de invertarse orixes milenarias da súa nación eres ti, costume moi española por certo.
Moby Dick é unha lenda baleeira, actividade moi particular e especial que se pode considerar propia dunha tribu alén das demais tribús mariñeiras. Esa tribu orixinalmente estivo composta por xentes procedentes da cornisa cantabrica, con especial incidencia dos vascos, que xa existían no medievo , a diferencia dos españois, e galego-portugueses porque os bichos acercabanse a criar a nosas rias, e en menor medida dos asturianos ( estes daquela eran galegos), e cantabros, esa xente, coa axuda de outros pobos europeos que se deron conta do beneficioso que era cazar estes bichos, foron tan bestas que extinguiron a balea vasca, ou franca, en relatico pouco tempo da costa europea, polo que se tiveron que meter máis no oceano para buscar a bichería, e atoparon as Açores, unha fábrica de cetaceos, convertindose esas illas na sede central da tribu baleira do atlantico, vascos, galegos, holandeses , ingleses... todos remataban alí, os portugueses tamén claro que para iso era deles. As xentes das Açores convertironse nos baleiros por antonomasia, sustituindo aos vascos, e ese pobo por pura supervivencia persegueu as baleas ata a costa este de USA e Canbadá, establecendose novas colonias baleiras, neses territorios, cheas de xentes de moitos sitios diferentes a lingua franca tiña de base o portugués, co paso dos anos ianquirizaronse pero a orixe da cultura baleira americana é descendete das Açores e esta a súa vez procede da peninsula iberica.
Unha mostra protexida pola UNESCO da tradición baleeira vasca en Canadá.
http://whc.unesco.org/en/list/1412/
Terranova chámase así e non New Earth por algo, todos os accidentes xeográficos maritimos tiñan nomes galego- portugueses- vascos na costa noreste americana, os subacuaticos aínda se manteñen, o mesmo sucede nas augas de Irlanda, somos pobos mariñeiros e recoñecelo e poñelo en valor non é sintoma de apropiación nacionalista, decir chorradas sobre Altamira si que o é.