Estiven lendo un pouco sobre o tema, desde logo é unha gran nova, pero non soluciona o noso problema enerxético, nin os dos nosos netos, nin os dunha sociedade baseado no crecemento infinito.
Para empezar habería que situar o descubrimento nas coordenadas axeitadas, desde fai máis dun século sábese que a fusión nuclear non so é posible, senon que xa existe, o sol é un reactor nuclear, "so" fai falla reproducilo e controlalo. Desde fai uns meses, quizais xa algún ano, os científicos foron quen de facer unha fusión nuclear en pequenos reactores, a diferencia en este caso é que por primeira vez se acadou enerxía neta, é dicir, a fusión saíu a gañar, obtivose máis enerxía da que se invertíu para desencadear a reacción, un adianto moi importante sen lugara dúbidas.
Pero compre ter os pes na terra, e non caer no tecnooptimismo desinformado o que nos convidan os medios de desinformación, obtiveron 2'5 megaxulios, a enerxía que se obtén queimando 200 gramos de leña, invertindo 2'1 megaxulios, a taxa de retorno enerxético é de 1'19, unhas cantidades ridículas, unha sociedade industrial non pode sobrevivir cunha TRE menor de 10, a nosa sociedade creouse con TREs cercanas a 100... a vida mesma , que é unha maquina bastante máis perfecta que calquera creación humana, non é quen de prosperar con esa TRE tan baixa.
Teríamos que multiplicar por 20 millóns a cantidade de enerxía obtida, e non chegaríamos aínda a millonésima parte do consumo mundial, o entusiasmo suscitado é bastante ridiculo, é como se logo de descubir como controlar o lume estivesemos especulando con voar en avións a reacción, máis aínda, que cada ser humano teráo o seu avión particular... ridículo.
Lendo a prensa xeneralista semella que aumentar a escala do experimento é cousa de pouco tempo, que é doado, e non o é, crear un reactor que proporcione moita enerxía é un desafío técnico xigantesco que pode darse dentro de moito tempo, canto?, non o sei, pero para agora non vai ser, quizais non sexamos quen de facelo nunca, porque unha cousa é que se poida facer a nivel teórico é outra materializarse nunha realidade, segue sendo moi dificil crear unha pota que aguante millóns de graos durante o tempo necesario para producir grandes cantidades de enerxía de xeito comercial.
Pero imaxinemos por un momento, que tras moitas décadas de esforzos e sacrificios, no medio do colapso social provocado pola confluencia do descenso enerxético, do cambio climático e da perda exponencial de biodiversidade, consiguíramos que a fusión nuclear, ou calquera outra tecnoloxía inexistente na actualidade baseada na electricidade, puidese chegar a ser unha realidade comercial, que sucedería?.
Pois que o noso problema enerxético seguiría existindo, tan so o 20% da enerxía primaria consumida no mundo é eléctrica, o 80% restante sae das enerxías fósiles, a reconversión industrial precisa para electrificar o 100% o planeta é imposible de levar adiante, non hai recursos materiais, nin finanancieiros, nin de tempo.
Pero sigamos imaxinando, total é degratix, supoñamos que temos or recursos necesarios para esa xigantesca electrificación, obviemos que isto convertiría o planeta nun queixo gruyere inzado de minas a ceo aberto, e que podemos electrificar toda a nosa actividade económica, seguiriíamos tendo un problema, problema que teño que recoñecer que aínda non entendo, os meus coñecementos en física so moi limitados, para entendernos e simplificando moito, se aumentamos indefinidamente a potencia enerxética instalada no planeta, remataremos cocidos como langostinos en noite boa, . Aquí algo de información :
https://dothemath.ucsd.edu/2011/07/gala ... le-energy/
En este hai que apoquinar:
https://www.nature.com/articles/s41567-022-01652-6.epdf
O que non fala moi ben da intelexencia humana é a aposta decidida pola fusión mediante inversións millonarias de diñeiro e tempo, concentrando as mentes máis brilantes en esa misión, cando non é seguro que funcione, mentres que a sinxela e prática idea de reducir o noso consumo, o cal tería un éxito seguro, desbotase de inmediato. Pois nada, sigamos igual, que nos vai caralludamente.