Tristan escribió: ↑Miércoles 22 de Junio de 2022, 11:12
La luz es cada vez más cara. No subió artificialmente para absorber la bajada del iva, es que es su tendencia. Y cuando absorba esta nueva rebaja, no lo hará por conspiraciones raras, sino nuevamente por lo mismo.
Los 0,20, lo mismo.
Y los beneficios de Iberdrola, ten en cuenta que se trata de una multinacional. Mira sus beneficios en España.
Os custes de producción de electricidade subiron, pero non na medida do prezo da electricidade cobrado os consumidores, iso deu lugar a creación do concepto " beneficios caídos do ceo", o nome xa o di todo, aínda que eu preferiría " atraco legal", isto é posible grazas a uns señores que dentro de uns anos sentarán as cachas no consello de administración das principais enerxéticas, iso non é conspiración é información.
Un exemplo doado de entender, cando o prezo da electricidade está moi alto debido o maravilloso sistema de mercado marxinalista creado por xente da túa ideoloxía, podedes estar orgullosos, sodes moi espabilados, cando se paga toda a enerxía o prezo da enerxía máis cara ,que é a producida pola queima de gas, as electricas aproveitan e baleiran os embalses, producen moita enerxía hidroeléctrica que lles sae gratis pero vendena a 200, 300, ... euros o MWh, isto é roubar.
Ese roubo vai seguir perpetrándose mentres non se socialicen os medios de producción da enerxía, o resto son parches.
Iberdrola se non fose por ese roubo moi posiblemente estaría en perdas en España, porque son uns retrasados mentais que malamente saben sumar, fomentaron un mercado libre que lles fasi palmar moita pasta, curiosamente a ese mercado libre acceden maioritariamente as clases medias e altas, os que somos pobres temos que fodernos e apandar co mercado regulado para poder ter acceso as axudas públicas. O resultado é que os pobres estamos sendo atracados para que Iberdrola sobreviva, pero é que ademais de xeito indirecto estamos subvencionando os consumidores do mercado libre. Moito gulag fai falla...
A maior parte do tempo GZ autobastecese completamente con enerxía electrica 100% renovable, e aínda nos sobra, deberíamos ter unha factura moi inferior a que pagan os españois, deberíamos ser un polo industrial de primeira orde porque temos un dos custes de producción de enerxía eléctrica máis baratos de Europa, pero somos unha colonia, e non se nos permite, é máis somos dos que máis pagamos pola electricidade, e poriba vannos chanter aínda máis miraventos nos nosos esquilmados montes.