Mikuseleccion escribió: ↑Martes 05 de Julio de 2022, 22:28
Que exista un problema con la inmigración no quiere decir que todos los inmigrantes son delincuentes pero si vamos a las estadísticas que se nos proporcionan el % de delitos cometidos por ellos en proporción es mucho más elevado que los españoles. Y como problema que es deberían buscar soluciones y no hacer como hace la "izquierda" obviandolo o incluso negándolo. Cualquiera que se preocupa del problema e intenta buscar motivos/soluciones se le etiqueta directamente como racista, sobran ejemplos por Europa de las consecuencias de una inmigración sin integración en la sociedad.
A esquerda, ou cando menos o que entendo eu por esquerda, non nega o problema, pero analizao desde a perspectiva de clase, obviando a orixe e a etnia do delincuente, porque calificar a xente en base a eses rasgos é esencialmente unha actitude xenòfoba e racista.
A estadística correcta, segundo as esquerdas, é aquela que mide o nivel de riqueza do delincuente, a inmensa maioría dos delitos son cometidos por pobres, tanto nativos como forasteiros, isto non quere dicir que os ricos sexan honrados, so que os seus delitos normalmente son legais. Como o nivel de rendas dos inmigrantes é significativamente máis baixo que o dos autóctonos, consecuentemente hai máis delincuentes de fora, ou con pais de fóra, que do país.
Agora son os latinos, os moros e os negros os culpables, pero non fai tanto eran os andaluces, extremeños os que daban o pau en Barcelona, eran os charnegos desprezados polos cataláns máis xenófobos, hai todo un xénero cinematográfico español, o cine quinqui, que o proba. En Castilla os galegos durante séculos tiveron fama de parvos, vagos e delincuentes, e as mulleres de putas e porcas, estes prexuizos no século XX foron desaparecendo , aínda que non de todo, e en sudamérica a consideración pexorativa de galego segue existindo.
Na narrativa das esquerdas o problema non é a cor da pel, ou a orixe dunha persoa, senón o reparto da riqueza, claramente inxusto, do actual sistema que deixa a importantes grupos da poboación fóra do goce de moitos dos produtos e servizos que produce e publicita, cunha propaganda tan esmagadora que dá a impresión de que se non podes facerte con eles, es un ninguén de ningures, ata nin sequera vale a pena vivir. Os perdedores ademais de non ter recursos, soportan o contraste de ver aos demais gozar ostentosamente de máis bens e servizos dos que precisan. Non so é a pobreza, tamén é a desigualdade, un factor fundamental no aumento da pobreza. Uns non poden estudar, mentres que os gañadores sacan carreiras sen ir a clase e sen examinarte, compran o título nunha universidade privada e pista, uns viven en vivendas insalubres e outros teñen varias mansións, as mulleres dos pobres son feas, as dos ricos guapas...
Neste contexto, algúns destes pobres toman "atallos" e delinquen, e moitos de eses pobres son inmigrantes, pero moitos máis son fillos de inmigrantes, son eles os que se dan conta da inxustiza do sistema, os pais conformanse con sobrevivir, pero eles con iso non lles chega, queren ser ricos e non van acadalo xamais, o que crea unha enorme frustración que dá lugar a moita violencia e unha delincuiencia sumamente estúpida e irracional que dá alento a reaccións racistas e xenófobas e o crecemento da extrema dereita.
A integración está moi ben, pero para que alguén se poida integrar debe ser tratatdo con respecto, e iso soamente se acada mellorando as prestacións e servizos públicos destinados a estas persoas, do contrario padeceremos eternamente unha versión estúpida da loita de clases.
Tamén hai que dicir que a inmigración é un fenómeno esencialmente capitalista, é unha ferramenta, moi sinxela de poñer en práctica, que potencia un gran crecemento económico qwue beneficia claramente os donos do capital, non tanto os traballadores, de facto funciona como unha xigantesca reforma laboral pero sen o marrón de ter que facela, proporciona o capital inxentes cantidades de persoas dispostas traballar máis barato e de xeito máis precario. As esquerdas trabucanse en negar , ou ocultar isto, por medo a ser catalogadas como xenófobas, pero é inuestionable que a inmigración é unha putada para as clases traballadoras, para os autóctonos e sobre todo para aqueles que teñen que facer a maleta e irse a buscar o pan lonxe da súa terra.
En un mundo con un reparto da riqueza máis equitativo non habería centos de millóns de inmigrantes, a inmensa maioría da xente quedaríase na súa casa, non queredes inmigrantes?, pois non lle roubedes o seu futuro obrigandoos a vir.