Traba escribió:roped escribió:
En España esta portada sería censurada sen lugar a dúbidas, estes pequenos detalles son os que fan de Francia a vangarda na defensa da liberdade de `pensamento e expresión a nivel mundial, o que na miña opinión vai intimamente unido a laicidade do Estado Francés, nada de caralladas aconfesionais, por iso Francia mola un pouco, e España non mola nada.

Francía é a pera das liberdades ata que toca falar da opresión dos pobos bretón, corso, vasco, etc.
E non falo diso por buscarche as voltas: en Francia o laicismo republicano enmarca tanto o Concordato como as pretensións rexionalistas dentro do mesmo saco das inaceptables "
revendications communautaristes".
En canto ás portadas, cada un ten a súa sensibilidade. O que non se entende é que moitos que lles fai coña a que ti pos, logo atopen "brutal" o dos buses laranxas. E que como
rusalko evidencia, sentirse menospreciado por elas non é sinónimo de facherío.
Por iso digo que mola un pouco.
O laicismo republicano busca seprar Estado e Relixión, non mixtures cousas.
Outra cousa diferente é que a República Francesa sexa o paradigma do centralismo, o soño español feito realidade, pero para acadar ese nexo de unión entre os diversas nacións, que aínda existen en Francia, tiveron que embarcarse nun proxecto politico e social que aglutinara as masas, realmente o cemento que amalgou a xentiña foi poñer unha guillotina no centro de París e curtar cabezas da aristocracia civil, pero tamén da relixiosa, iso une moito, cando menos por un tempo.
Eu creo que a media dos católicos vivides bastante mellor que a media dos trans, os católicos non sufrides persecucións , discriminacións ou mesmo agresións polo feito de ser católicos, máis ben todo o cotrario, desfrutades de uns privilexios que non teñen outras persoas doutras relixións, ou os ateos e agnósticos, pola contra o colectivo LGTBI foi historicamente puteado, e aínda o é hoxe, menos é certo, pero aínda teñen os seus problemiñas. E eu ao igual que o teu deus póñome do lado dos febles.
Ezequiel 34:16
Buscarei a ovella perdida,
farei volver a extraviada,
vendarei a que ten a pata partida,
fortalecerei á feble,
pero farei que perezan a gorda e a forte.