riazoj escribió: ↑Viernes 16 de Octubre de 2026, 8:46
Estoy 100x100 de acuerdo con este mensaje. En mi opinión, toda está polarización podría ser intencionada y buscada por Élites del mundo Epstein, Ruso y a saber si Chino. Sinceramente soy muy escéptico de lo que me dicen los políticos, opinologos expertos, antropólogos ideologizados etc etc. Y me da muchisimo miedo cuando escucho a la gente decir cosas como "si eres de izquierdas o derechas no podemos ser amigos". O los fachas son malas personas, o los rojos son vagos o envidiosos etc etc.
Una cosa son las conductas y pensamientos de las personas y otra que sean esencialmente malvadas.
É simpático que fales de elite do mundo , e cites a un tipo que asasinaron na trena para supostamente encarnar a elite occidental, e así non ter que nomeala, ao mesmo tempo que citas a Rusia e China , onde hai elites pero onde non existe polarización por ningures, xa que teñen reximenes sen oposición interna real, con un so polo non hai polarización ningunha, so hai enorme centro.
Tampouco creo que Epstein sexa elite, este so era unha ferramenta da verdadeira elite para controlar a outros membros da mesma elite con posibilidades de competir contra eles, para mantelos caladiños e inoperantes tiñan a famosa illa.
Eu creo que o auxe da polarización en occidente responde a dous factores, por un lado as elites económicas de occidente e satélites están asustados, temen, con razón, perder poder e recursos, para evitalo apoian partidos políticos de extrema dereita que lle garanten estabilidade, ao mesmo tempo existe unha crecente angustia entre a cidadanía ante o mesmo problema que teñen os ricos, hai menos de todo e todo é máis caro, propio do colapso sistémico, a inoperancia dos partidos clásicos ante un problema que nin tan sequera recoñecen é palpable, a xente na súa desesperación vota a tarados.
Cunha situación de tensión enerxética e ambiental crecentes as condicións son moi favorables para o auxe da extrema dereita, se a tarta vai a menos o doado é pretender seguir co mesmo anaco sacándolle a súa porción ao feble ou o parvo, é moito máis chungo organizarse e facer un novo reparto adaptado as novas condicións, ninguén quere perder un chisco da súa tarta, para iso compre que alguén perda todo o seu anaco, e se non o fai voluntariamente será necesario aniquilalo como en Gaza. Moita xente verao perfectamente normal , legal, e ata lexítimo, darwinismo social en vea que non deixa ser un eufemismo do nazismo.
O choque cos límites biofísicos do planeta propiciarán a aparición de ecofascismos, que perfectamente poderían perpetuarse no poder, xa que serán sostibles tanto enerxética como ambientalmente, mataremos xente ao mesmo tempo que salvaremos bosques porque sabemos que os primeiros son obstáculos a nosa superviviencia, e os segundos son imprescindibles para a mesma.
Tendemos paseniñamente cara iso, na UE imos externalizar a terceiros países os campos de concentración para persoas que escapan da fame, paso previo e necesario para logo convertelos en campos de exterminio.
Pero o problema é que eu lle chamo puto facha a un facha, que gracioso.