Tristan escribió: ↑Martes 13 de Octubre de 2026, 17:46
Te digo como era el debate porque creo que te has incorporado tarde y de ahí el patinazo.
roped afirma que los miembros de En Comú se ven obligados a destinar gran parte de su salario al partido porque no cuentan con el apoyo de los "dueños del capital".
Yo le comento que eso no se puede por la ley de financiación de partidos.
Tú dices que algunos líderes se corrompen a cambio de favores. Favores que se cobran a título individual, por lo que no existe relación con una teórica mala financiación a nivel de partido.
Non, ti tentas manipular, pero non cola.
https://agendapublica.es/wp-content/upl ... mage00.png
Doazóns recibidas polos partidos entre 1987 e 2007, se te fixas un pouco verás que os que trincan máis son as da túa corda, ou polo menos mostras menos desprezo cara eles que cara o partido de Ada Colau.
Como ben dis, agora iso non se pode facer legalmente, outro tema é que os responsables dos partidos políticos pásanse a lei polo forro, aí temos os problemiñas do PP coa caixa B xestionada por Barcenas, esa pasta ademais de ir aos petos dos políticos servía para financiar ilegalmente ao partido. Veremos que pasa co PSOE, polo de agora a banda do Peugeot son simples mangantes, pero eu non poño a man no lume polas contas dese partido, Filesa existiu.
Ademais destas formas delictivas existen mecanismos legais para que os capitalistas merquen ao peso a vosa fantástica democracia liberal burguesa, cada partido político ten unha serie de fundacións afíns, organismos que se presentan como máis ou menos independentes pero que en realidade soamente son un entramado para externalizar actividades e servizos propias do partido, estas fundacións si poden cobrar de empresas de xeito legal.
Isto é o que pagan as empresas a cada fundación vinculada a un partido entre o 2007 e o 2013, non teño datos máis recentes, hai certa opacidade en esta materia, non hai moita información publicada sobre o tema, polo que sexa.
https://agendapublica.es/wp-content/upl ... mage01.png
Ademais de todo isto, a maiores está a banca prestando pasta aos partidos, o que non deixa de ser unha fraude de lei.
A realidade é que os partidos pequenos de esquerdas obrigan aos seus cargos públicos a repartir parte da súa nómina, isto indica que que non teñen as facilidades de financiación que teñen outros partidos, o que non deixa de ser unha eiva democrática que aos capitalistas coma ti lla soplará. Os membros electos dos partidos grandes non teñen que facer ese sacrificio, de feito en estes casos a realidade é a inversa, os cargos públicos cobran uns pluses de xeito legal, alegal, ou mesmo ilegal. Descoñezo como fan partidos pequenos de dereitas como o recén nacido Democracia 21, ou os nazis de Nucleo Nacional, o precedente máis coñecido de partido pequeno de ultra dereita foi VOX, e aí Abascal trinca como un campión.
Vox ha desviado casi 13 millones de euros a la fundación que preside Abascal en los últimos 6 años
https://cadenaser.com/nacional/2026/06/ ... adena-ser/
Se para ti A. Colau é unha inepta por gastar máis da metade do seu soldo en financiar o seu partido, consecuentemente entendo que para ti Abascal é tremendemante competente ao facer xusto o contrario que a catalá, pero ao grande.