Xamais dixen que rematásemos na idade de pedra, polo menos a curto prazo, non o imos ver ao longo das nosas vidas, unha magoa, sería divertido ver como os indíxenas que permanecen no paleolítico se fan os putos amos do planeta.Mr Mojo Risin escribió: ↑Jueves 14 de Mayo de 2026, 10:14A ver hombre, no te hagas el digno que en este foro ya sabemos todos de que pie cojeas y como te vas siempre por las ramas para evitar lo que se habla.
Como comprenderás tus análisis súper objetivos me importanto como a ti mi día a día. Que si nos fiamos de ellos hace años que estaríamos en la edad de piedra![]()
Das poucas veces que puxen datas a miña teoría colapsista foi cando dixen que a partires da vindeira década a produción industrial baixará a nivel mundial, e manteñoo, aínda que é posible que pecara de optimista e xa empecemos en esta. Isto non significa que no 2035 vaiamos vivir no mundo Mad Max, significa que estaremos un pouquiño peor que en 2034 e un chisco mellor que en 2036. Tal e como está o mundo sacar peito porque a cousa vai "coma sempre" é vivir bastante afastado da realidade, o colapso sistémico, lento pero imparable, é moi evidente, para todo aquel con un mínimo de obxectividade, claro está.
Pero en este caso non estamos falando de predicións, falamos de gráficas con datos testados, de feitos que xa aconteceron, ti négaste a interpretar uns datos que proban que a produtividade dos traballadores aumentou porque contradí o teu discurso ideolóxico, négaste a mirar a realidade do que xa aconteceu porque non che mola, como para pretender que fagas un análise medianamente obxectivo do que pode acontecer... tranqui, da fase de negación tamén se sae.