Dabicito escribió: ↑Miércoles 13 de Mayo de 2026, 16:44
roped escribió: ↑Miércoles 13 de Mayo de 2026, 14:43
Dabicito escribió: ↑Miércoles 13 de Mayo de 2026, 13:58
No se trata de machacar a nadie. Se trata de una transición progresiva de modelo. Es mejor ganarse el pan que ser un marginado de la caridad del Estado.
Tes unha visión do mundo ancorada no século XIX, fai máis de 30 anos que sabemos que o traballo é un ben escaso que tende a desaparición en un contexto capitalista, se non hai cambio sistémico a desaparición do traballo é algo inevitable, as novas tecnoloxías aumentan a produtividade, Isto trae como consecuencia un aumento do desemprego estrutural, traballan as máquinas deixando a moitas persoas a marxe do sistema produtivo, converténdose en potenciais marxinados, isto vaise paliando por agora mediante a redución da xornada de traballo, pero chegará un momento, sempre que non volvamos antes a idade de pedra de man de algún dos xenios que nos comandan, en que as máquinas o fagan absolutamente todo, e daquela todos seremos marxinados.
Pero si hay más trabajo que nunca. Al menos en España.
Lo que pasa es que al reducirse el modelo familiar la demanda es infinitamente mayor, primero por la incorporación de la mujer y luego por el incremente de la población activa, el baby boom más los emigrantes. Es un problema muy parecido al de la vivienda, donde antes vivían 5 ahora vive 1 o 2.
Respecto al tema de la tecnología, hasta el momento no ha reducido el empleo, sino que ha substituido unos empleos por otros, con un crecimiento neto. Los chips de finales de los 70 predecían un apocalipsis laboral que no hubo, los ordenadores y las máquinas crearon infinidad de puestos de trabajo.
Luego el tema de la IA ya es otra cosa. Es una incógnita que no te puede despejar un señor con barba llamado Marx.
El error en tu diagnóstico es que el crecimiento de la productividad no es incompatible con el crecimiento de bienes de consumo. En 1980 consumías x tecnología, x comida, x ocio, x viajes. El factor que multiplica x te lo dejo a tí.
Iso non é certo, nin sequera en España que é un caso especial debido as súas anómalas taxas de crecemento no contexto occidental.
En occidente a xornada laboral reduciuse considerablemente.
E iso so contempla as horas oficiais, cantas horas de traballo non constaban en España nos 80 e 90?, cantos curros non estaban dados de alta?, cantas persoas coñecías fai 30 anos que traballaban 10 horas ou máis cada día, cantos coñeces hoxe que curran media xornada?.
Hai máis xente traballando porque hai 10 M máis de persoas que fai 25 anos no Estado español, se miramos as horas traballadas de media por persoa veremos que o traballo per cápita foi a menos en España e en todo occidente, de feito foi a menos ata en China.
A tecnoloxía non reduciu o emprego en occidente porque se implementou o Estado de Benestar, os dereitos laborais e servizos públicos crearon demanda agregada, pero isto esta sendo demolido na actualidade debido a suba de custes de produción por falta de materias primas, as elites non están dispostas a compartir recursos con persoas que non lles aportan nada, nin traballo, nin consumo, e que se atopan totalmente domesticadas polo sistema, con botarlle a culpa dos seus males os inmigrantes, e os que reciben paguitas, por agora cólalles.
O que se leva aplicando desde fai máis dun século no plano laboral, polo menos en Europa, é puro marxismo. Foron os seguidores do señor barbado os que reivindicaron a mellora das condicións de traballo coa abolición da escravitude, a abolición da servidume, a xornada laboral de oito horas, a abolición do traballo infantil, así como a igualdade da muller para evitar a diferenza salarial de xénero. E segue pasando, son os progres postmarxistas de Sumar e Podemos os que subiron o SMI, moi a pesar dos socioliberias do PSOE.
O sistema de "paguitas", que é imprescindible para que poidas andar pola rúa tranquilo, aínda que non o recoñezas, é marxismo, por iso a xente tan lucida como Ayuso non lle gusta, supuño que prefiren investir en CIEs. Certo é que os medios de produción seguen sendo privados, pero tamén existe, por agora, certa redistribución da riqueza que reduce a desigualdade económica de xeito que todos os seres humanos poidan obter o suficiente para satisfacer as súas necesidades sen a necesidade de desenvolver un traballo remunerado, un principio esencialmente marxista.