Dabicito escribió: ↑Jueves 22 de Enero de 2026, 21:11
astigmata escribió: ↑Jueves 22 de Enero de 2026, 20:25
.
Por eso la sanidad pública universal, como la educación, la vivienda, el acceso a alimentos, no puedes dejarlos al albur del mercader.
El acceso a alimentos está al albur del mercader. Observa el caso de Erhard en la Alemania hambrienta y bombardeada tras la IIGM, cuando en Inglaterra aún seguían con el racionamiento.
Otro ejemplo tabú. Milei acaba de de liberalizar el alquiler, y se han multiplicado las ofertas de alquiler
E dalle con Alemaña, iso é mentira, pensar que o libre mercado é o eixo que vertebrou a reconstrución de Alemaña é moi naif, é xusto ao contrario, so os Estados vencedores, USA fundamentalmente, mediante planificación e políticas públicas o acadaron, sen o Estado protector os alemáns pasaríalles como españois, comeríanse unha postguerra moito máis longa.
Por moita liberade de mercado que haxa, por moi desregulado que sexa o intercambio se non hai trigo a xente palma de fame, e foi iso o que sucedeu no primeiro ano de posguerra onde os aliados pasaron deles, pero os americanos déronse conta que se arriscaban a perder o control e déronlle de comer, o racionamento de U.K. foi precisamente para repartir os recursos con Alemaña, durante a IIGM U.K. non tivo racionamento, foi tralo final da guerra cando tiñan que dar de comer a millóns de alemáns cando tiveron que impoñer as cartas de racionamento. A máxima expresión de intervencionismo e control público foi a ponte aérea sobre Berlín tralo bloqueo soviético, ti cres que o libre mercado ía ser quen de facer 300.000 vos en un ano para salvar a máis de 2 millóns de berlineses que non tiñan absolutamente nada para intercambiar?, por certo ata os anos 50 en Alemaña houbo racionamento para algúns produtos.
Estaría ben que explicaras en que se basea o caso de Erhard, coido que se trata unha vez máis de pura mitoloxía liberal, como o exemplo tabú.
Multiplicar a oferta do aluguer non é unha fin en si mesma, segundo o voso razoamento, demasiado impregnado de ideoloxía si o é , unha maior oferta implica unha baixada dos prezos e un acceso máis doado a ese recurso por parte dos consumidores, pero a realidade dos arxentinos non é así, é algo máis complexa.
En primeiro lugar o governo de Millei e os seus palmeiros presumen da baixada dos prezos do aluguer, o cal é unha verdade a medias, en realidade o que aconteceu é que os alugueres subiron menos que o IPC, polo tanto "abaratáronse", isto sería certo se os soldos se axustaran exactamente na mesma medida que a inflación, para desgraza de moitos arxentinos non foi así.
Se a inflación aumenta o 100%, o soldo aumenta o 70%, e os alugueres o 80%, estatisticamente hai unha baixada de prezos, pero a maioría dos inquilinos están máis fodidos que fai un ano.
Os propietarios séntense protexidos por unha lexislación feita a medida dos seus intereses, iso fai aumentar a oferta, e ata fai "baixar" os prezos, pero a realidade é que unha maioría de arxentinos teñen máis dificultades para acceder a unha vivenda que antes do cambio da lei, a franxa máis pobre da poboación está sendo condenada a vivir en moi pouco espazo en zonas sen servizos públicos básicos, sen luz, sen auga... ao mesmo tempo que as clases medias altas teñen máis doado alugar un piso no centro de Buenos Aires a prezos máis axustados, aumenta o número de persoas que viven en infravivendas, estase sacrificando a unha parte da sociedade para que o resto teña futuro, desigualdade disfrazada de liberdade para que o pastel se reparta entre menos xente, o que fai sempre a dereita.
Se o miramos ben non deixa de ser un racionamento disimulado, feito desde a mala fe e o supremacismo, non todos levan o mesmo ración, iso sería comunismo, senón que para que os pijos non teñan que comer o mesmo que os demais, os máis febles deben quedar fora do reparto, o de sempre, non hai máis.