Dabicito escribió: ↑Jueves 13 de Noviembre de 2025, 21:03
Contracorriente ....o a favor de corriente. Una vez que se impuso como un mercado imbatible todo dios se puso a hacer rock en sus diferentes variantes. Al final es seguir las señales del mercado.
Iso puido ser certo fai 50 anos, no momento en que o capital foi quen de influír na demanda o rock deixou de estar de moda en favor de xéneros moito máis mansos e sobre todo máis baratos de producir, foi xustamente nese intre cando agromou, de xeito totalmente espontáneo, a idea que se resume ca seguinte frase "rock and roll is dead", instalándose confortablemente no imaxinario colectivo, o carallo é que nunca acaba de morrer, a nosa resiliencia é infinita.
Onte precisamente descubrín a banda menos comercial do mundo, ou polo menos das que coñezo eu, son uns tipos xaponeses chamados Corrupted, desde fai 30 anos son a hostia de recoñecidos a nivel planetario pola comunidade do doom underground, é dicir coñécenos 1000 persoas espalladas por varios continentes, os fenómenos " cantán" e titulan os seus discos en castelán, auto prodúcense, fan cancións de 40 minutos, non conceden entrevistas, non deixan que lle fagan fotos, non fan xiras, non venden camisolas, no spoti so teñen 3 cancións que posiblemente nin sequera subiron eles, so podes mercar a súa música en formato dixital pero non tódolos discos... uns tipos curiosos que levan nese plan 30 anos e que desde logo non están na música polo afán de lucro.
Deixo mostra do máis accesible da súa discografía, por se alguén está interesado.
https://www.youtube.com/watch?v=rjbfE9Z9tjI