No tengo dudas de eso, y de que a oídos de un gallego suena a artificial, casi una burla. No le quedó bien para cualquiera que viva aquí.
Series
Re: Series
Re: Series
Levo un par de capítulos da nova tempada da de Daryl Dixon e veñen a Galicia. O primeiro capítulo ata se titula Costa da Morte. Iso si, en Galicia só é a parte da praia. Despois non sei onde é, aínda que na serie "seguen" en Galicia. Fixóme moita graza o discurso en galego da señora a Carol, rematado cun "uña" na vez de "unha". A xente parecen talmente mexicanos das películas do oeste, sigue presente a monarquía española e as historias de cando "éramos los dueños del mundo", a única que fala galego (a señora) é unha meiga, nin rastro de acento galego en toda a vila e mesturan cabezudos con peliqueiros, baile galego e co que collan. Faltan o Apalpador e Xabarín. Ata na praia aparece unha especie de Santa Compaña que resultan ser veciños da Costa que veñen saquear os barcos varados. Seguro que vararon porque os moi ladróns fixeron sinais con fachos.
- ibrahimovic
- · Ian Malcolm ·
- Mensajes: 1289
- Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 0:33
- Ubicación: O Cabo é!!!!
Re: Series
Porque o de coller actrices e actores galegos para a serie, non se contempla? Pregunto sen acritude, porque non creo que sexa esa rapaza a mellor actriz do mundo como para non poder coller a algunha rapaza galega.
En Fariña fixérono, e non quedou mal.
En Fariña fixérono, e non quedou mal.
Re: Series
Calla, calla… y que llamen a Mario Casas… que cojan a actores colombianos mejor.
- Reogalego13
- · Soccum semper inaequale ·
- Mensajes: 6552
- Registrado: Martes 14 de Agosto de 2012, 12:08
Re: Series
É depauperación, pero tamén hai que quitarlle trascendencia. É Unha serie de mortos que andan, podían facer Unha obra de arte mesturando lendas galegas, pero mellor que non as pisen casi. E o outro igual, como si queren poñer a Colón resucitado na Santa María tipo Salazar en piratas do caribe:)krnicero escribió: ↑Martes 14 de Octubre de 2025, 22:24Levo un par de capítulos da nova tempada da de Daryl Dixon e veñen a Galicia. O primeiro capítulo ata se titula Costa da Morte. Iso si, en Galicia só é a parte da praia. Despois non sei onde é, aínda que na serie "seguen" en Galicia. Fixóme moita graza o discurso en galego da señora a Carol, rematado cun "uña" na vez de "unha". A xente parecen talmente mexicanos das películas do oeste, sigue presente a monarquía española e as historias de cando "éramos los dueños del mundo", a única que fala galego (a señora) é unha meiga, nin rastro de acento galego en toda a vila e mesturan cabezudos con peliqueiros, baile galego e co que collan. Faltan o Apalpador e Xabarín. Ata na praia aparece unha especie de Santa Compaña que resultan ser veciños da Costa que veñen saquear os barcos varados. Seguro que vararon porque os moi ladróns fixeron sinais con fachos.
Re: Series
É patético. E cando chegues ao momento medieval dos lazaretos da xente con lepra... O guionista colleu un libro da España do século XVI, fumou uns petas e palante. De peniñakrnicero escribió:Levo un par de capítulos da nova tempada da de Daryl Dixon e veñen a Galicia. O primeiro capítulo ata se titula Costa da Morte. Iso si, en Galicia só é a parte da praia. Despois non sei onde é, aínda que na serie "seguen" en Galicia. Fixóme moita graza o discurso en galego da señora a Carol, rematado cun "uña" na vez de "unha". A xente parecen talmente mexicanos das películas do oeste, sigue presente a monarquía española e as historias de cando "éramos los dueños del mundo", a única que fala galego (a señora) é unha meiga, nin rastro de acento galego en toda a vila e mesturan cabezudos con peliqueiros, baile galego e co que collan. Faltan o Apalpador e Xabarín. Ata na praia aparece unha especie de Santa Compaña que resultan ser veciños da Costa que veñen saquear os barcos varados. Seguro que vararon porque os moi ladróns fixeron sinais con fachos.
¿Quién está conectado?
Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 2 invitados