Mensaje
por roped » Lunes 10 de Febrero de 2020, 10:17
O hidróxeno é un vector enerxético, non unha fonte de enerxía, iso quere dicir que é un "almacén" de enerxía,e entón voltamos o proiblema de sempre, o fodido é encher o almacén con enerxía.
A día de hoxe o hidróxeno obtense en un 99% queimando combustibles fósiles, queda moito que andar do noso señor.
Máis eu non sei se a camiñata merecerá a pena, o hidróxeno non mola tanto como petróleo, é moito máis incomodo, un exemplo: ti deixas un tanque de 100.000 litros de chofa parado, o ano volves e mídelo, as perdas serán mínimas, deixas 100.000 litros de hidróxeno parado durante un ano e cando volves por el quedarache átomo e medio por alí bailando, esvaese, non hai recipiente no mundo que o manteña, quizais ese problema se solvente con tecnoloxía, mais a que prezo?.
Ademais o seu rendemento é baixisimo, no proceso de conversión de electricidade a hidróxeno pérdese entre o 50% e 70% da enerxía, é dicir que tes unha taxa de retorno enerxética ridícula ( TRE) , por cada unidade de enerxía investida no proceso sacas media , e iso con sorte, un 0´5 de TRE é unha puta merda, sobre todo se o comparamos ca taxa que desfrutaron os nosos antergos , o pretróleo fai un século tiña unha TRE de 100, para sacar 100 barrís de petróleo empregábase 1, o carbón tiña unha TRE de 80, iso foi o que provocou un enorme crecemento económico, non o capitalismo, os soviéticos medraron o mesmo ritmo, incluso máis rápido, a base de queimar enerxía fósil a esgalla.
As civilizacións complexas colapsan con TRE´s menores a 10, con 5 montase a de dios fame, revolucións , guerras... o hidróxeno ten unha TRE de menos de 1, esa cifra non vai mellorar, é unha constante física, que teñades sorte cos vosos barcos a hidróxeno, eu irei apañando leña, un pau ten unha TRE 50 veces superior a tecnoloxía do hidróxeno. lol