Mensaje
por krnicero » Martes 05 de Marzo de 2024, 3:24
Compradores de Forodepor. Onte estiven falando cun colega e preguntoume unha cousa sobre compras online e os datos das contas. Eu teño postos os datos reais (usuario con nome completo, incluíndo os dous apelidos, e todo o que piden, se piden máis) pero el quere abrir contas nos principais portais (Ebay, Amazon, Aliexpress, Wallapop, etc.) evitando, na medida do posible, poñer os seus datos e metendo datos inventados onde poida. Teño entendido que contrastan os datos da tarxeta que poñas cos datos que pos na conta de usuario e que, se non coinciden, bloquéancha. Eu creo que nalgunha me pediran varias cousas nalgún lado, incluída a data de nacemento e puxen todo (DNI non recordo que me pediran en ningunha). Pero se o tema é comprobar que os datos da tarxeta coinciden cos da conta na plataforma, supoño que non é máis ca que coincida o nome. Despois, os enderezos podes poñer o que che apeteza. Se o paquete non é para ti, pos o nome de quen queiras que o reciba e o seu enderezo, así que aí non ten que coincidir nada. Non sei se ao procesar a tarxeta que pos obteñen máis datos e, con eses, fan a comprobación contra os datos da conta pero, así de primeiras, aínda que todo o mundo di que hai que poñer todo real, só vexo que habería que poñer o nome completo.
Eu díxenlle que puxera todo real porque, igualmente, aínda que che entren na conta ou vendan os seus datos, se pos o nome completo e enderezos reais de xeito obrigado, tampouco che importa moito poñer a data de nacemento ou algo así non moi importante. Pero, vaia, que se pode prefire non poñelo e quedoume esa dúbida.
E, por certo, no meu caso teño posta unha tarxeta "normal" pero comentáronme o das tarxetas virtuais. Nunca me deu por usalas pero vexo que son máis seguras e prefiro ir facendo unha cada vez que queira mercar algo, poñéndolle os cartos que vaia gastar, e asociala a Paypal ou usala directamente segundo o caso. No meu banco hai que facer unha nova de cada vez. Alguén sabe se nestas páxinas, ou en Paypal, admiten tantos "cambios" de tarxeta ao usar as tarxetas virtuais? Porque non quero que me bloqueen as contas, que despois é un liazo desbloquealas.