Reogalego13 escribió:Lo del ayuno intermitente efectivamente pertenece, al igual que la omeopatia, al mundo de las pseudociencias y por tanto son magufadas. Al menos eso me han dicho y explicado absolutamente todos los médicos a los cuales he consultado al respecto.
O ayuno intermitente (que eu fago de manera involuntaria xa que como as 13:00 e ceo as 20:00 dende hai anos por costume, e non almorzo nada) non parece ser nin bo nin malo, hai quen di que perdes masa muscular e hai quen di que pode ser beneficioso, non hai estudos moi avanzados nisto.
Hai xente á que lle vai mellor facéndoo porque lle axuda a ordear mellor as comidas e ser estructurados cos horarios.
Iso si, sempre será mellor facer ayuno intermitente que desayunar un croissant ou manteiga ou unha magdalena ou zume de laranxa ou colacao. Que a mentira de que o desayuno é a comida mais importante do día tamén está moi extendida. É importante se é sano, cousa que non fai ninguén.
E será tamén mellor que cear forte ás 22 ou 23:00, iso si que é malo para a saúde.
Por outra parte se no ayuno intermitente tamén só comes merda pois estás nas mesmas. O importante é comer sano, os horarios son o de menos ao final, dentro duns límites.
É dicir, que non está demostrado que sexa nin bo nin malo, pero en temas de organización e estructura das comidas si que está ben. Faltan estudos aínda.
Hai outras cousas peores como as dietas detox, ou a frase "hai que comer de todo" tan extendida que si son realmente perigosas.