Mensaje
por roped » Jueves 16 de Junio de 2022, 10:20
A acusación da dereita os membros da esquerda de ser moralmente superiores xa cansa, non é certo, ou non é de todo certo, non nos cremos mellores no plano persoal, de feito nos somos os que defendemos a igualdade como único xeito de chegar a liberdade, se creemos na igualdade non podemos ser "supremacistas morais" respecto as persoas que non pensan coma nos, o que si facemos algúns é manifestar, plenamente convencidos ademais, que o corpus ideolóxico das esquerdas é superior moralmente o das dereitas, aínda que é óbvio vouno explicar.
As ideas da esquerda moderna surxiron da cabeciña de ilustrados como Diderot, Voltaire, Rousseau, Kant, Fichte, Spencer, Hume, ou mesmo o idolatrado polas dereitas Smith, aínda que sospeito que a maioría dos que se din liberais non o leeron na súa vida, por exemplo Marx si o leeu , con moita atención ademais. Esta xente non creou programas políticos de esquerdas , nin nada semellante, so se limitaron a observar a realidade analizando os seus problemas, aportando posibles solucións. Estes intelectuais, pais da civilización occidental e burgueses todos eles, resultáballes inaceptable a degradación da vida da inmensa maioría dos seres humanos do seu tempo por culpa dunha distribución moi desigual da riqueza e dunha desigualdade dos individuos perante a lei. A súa filosofía en gran medida foi unha reacción moral ante unha evidente inxustiza, que máis tarde se articulou nunha ideoloxía que defendía a igualdade de dereitos e deberes de todo cidadán perante a lei, tamén coñecido como republicanismo, o dereito a educación, e a liberdade económica, isto último foi apropiado, logo de deformar o concepto, polas dereitas contemporaneas. Estos xuizos morais foron radicais e antisistémicos no seu tempo, e seguen sendoo aínda hoxe.
Os que defendemos a república, a educación, a xustiza social constuída mediante unha solidariedade entre clases, que permita acadar a liberdade real, é dicir a de todos, non so os individuos que a poden pagar, compartimos unha ideoloxía que é superior moralmente a unha ideoloxía de dereitas construída en base a competencia e o individualismo que por definición fomenta a desigualdade entre as persoas, chegando a poñer en risco a propia supervivencia dos máis parvos, pobres ou inutiles o sistema, co único obxectivo de premiar os "mellores" , as elites.
Cando usades o mantra da “superioridade moral da esquerda” facedelo como un insulto, por moito emoticono que poñas, é unha acusación de arrogancia cara nós empregando o concepto de "moral", termo asociado en España a relixión católica, a posturas viejunas, fronte a modernidade que representa a nova dereita, que anovou as súas formas de comunicación para enganchar as novas xeracións. Os liberais e neoliberais entenden a política, o mundo enteiro, como un enorme mercado, onde compre máis ter un envoltorio bonito que un bo producto, cando a dereita nos acusan de superioridade moral está dicindolle as clases populares , das que non forma parte por un evidente conflito de intereses de clase, que os esquerdistas somos uns prepotentes que nada temos que ver con eles e os seus problemas reais do día a día, que como todo o mundo sabe son os menas, os okupas, e as feministas... a nova dereita vende o seu producto desacreditando a competencia, sen aportar nin unha idea medianamente profunda, o cal é moi intelixente pola súa parte, fai política para o gran público, mentres que as esquerdas se matan entre elas por leas moi sesudas que so lle interesan os afiliados.
Pero coido que as dereitas españolas estanse pasando de freada, están a un paso do antiintelectualismo típicamente fascista, de feito a musa da dereita española xa iniciou a súa cruzada contra unha educación pública de calidade. Esperemos que Feijoo poña algo de orde democristiano a galega, e frene o trumpismo a la madrileña.