1OJOSELUIS escribió: ↑Miércoles 22 de Octubre de 2025, 11:59
roped escribió: ↑Miércoles 22 de Octubre de 2025, 9:42
1OJOSELUIS escribió: ↑Lunes 20 de Octubre de 2025, 21:27
Alguien ha citado Zamora y sí. Una gran desconocida. Pequeña, obvio, pero con un casco antiguo bien bonito y cuidado. Y con la mayor muestra de Románico de la península.... o eso dicen. Incluso una muestra de arte bizantino en la catedral, aunque hoy creo que esta afirmación está puesta en duda.
Realmente non hai tal mostra de arte bizantino, o que ten a catedral de Zamora, e outras igrexas espalladas por León, Zamora e Salamanca, son uns cimborrios de inspiración oriental.
O cimborrio é a cúpula que hai no cruceiro, onde se unen os brazos da cruz que forman a planta de moitas igrexas.
No antigo Reino de León algúns cimborrios teñen unhas formas curiosas que lembran remotamente o arte bizantino por influencia de catedral de Perigaux de Francia, que se atopa no camiño de Santiago , a súa vez Perigaux está influenciada pola basílica de San Marcos de Venecia, esta si construída en estilo bizantino a occidental, debido a gran relación comercial entre a República Veneciana e Constantinopla.
Chamarlle arte bizantino a un refrito, dun refrito, dun refrito, non é moi correcto creo eu, pero a xente flípase moito, supoño que así pensan que " vende" máis.
Sí, eso fue lo que leí últimamente. Que no era bizantino, aunque antes se dijera que sí. Por eso añadí "que esa afirmación estaba puesta en duda". Algo parecido con el plateresco que algunos no sitúan como independiente sino dentro del gótico flamigero, no?. algo así.
Eu creo que o plateresco é un estilo en si mesmo, certo é que ten influencia do gótico flamíxero, pero tamén da arte mudexar e tamén da renacentista, é unha fusión de diversos estilos que define moi ben o período dos Reis Católicos, por un lado está a tradición moruna do mudexar, que é fundido co gótico do norte europeo para poder pasar por occidentais, pero como todo isto daquela xa era viejuno e pasado de moda, os guais e modernillos dese tempo flipabanse con Alberti, Brunelleschi e nova moda por recuperar as formas grecolatinas, vían imprescindible " italianizarse" , pero o gran público das Españas non estaban preparado para o deseño italiano de vangarda, que non deixaba de ser unha copia, e crearon un estilo híbrido aceptable para o seu gusto conservador, que foi o plateresco. Realmente o único gran edificio renacentista " a italiana " de España é o Palacio de Carlos V de Granada, que mandou facer un señor nacido en Gante, e que na miña opinión fodeu bastante a Alhambra, da igual o século, os putos gañáns modernitos con gañas de borrar o pasado e crear un novo mundo a súa medida cágana sempre.