Página 3 de 6

Re: Eleccións

Publicado: Martes 09 de Enero de 2024, 22:23
por Dportivista_Ou
Falta el Frente Obrero

Re: Eleccións

Publicado: Miércoles 10 de Enero de 2024, 10:44
por roped
Dportivista_Ou escribió:
Martes 09 de Enero de 2024, 22:23
Falta el Frente Obrero
Non sei si se presentan, confirmárono?.

Aínda así iría antes PACMA, que sacou o triplo de votos que eles en GZ nas pasadas xerais.

Re: Eleccións

Publicado: Miércoles 10 de Enero de 2024, 22:41
por migui
roped escribió:
Miércoles 10 de Enero de 2024, 10:44
Dportivista_Ou escribió:
Martes 09 de Enero de 2024, 22:23
Falta el Frente Obrero
Non sei si se presentan, confirmárono?.

Aínda así iría antes PACMA, que sacou o triplo de votos que eles en GZ nas pasadas xerais.
Votos non, pero pintadas si que hai abondo, vese que veñen aburridos no vrao

Re: Eleccións

Publicado: Jueves 11 de Enero de 2024, 11:22
por exiliado_mad
roped escribió:
Martes 02 de Enero de 2024, 13:50
Eu respecto moito os pailáns da aldea, prefioos os pailáns de cidade, a eses nin auga. lol

Aquí unha pequeno estudo sociolóxico que pode dar algunha reposta o inmenso poder do Pp no rural galego, aínda que xa foi máis grande, todo sexa dito.

Aviso, está en galego reintegrado.

https://www.elsaltodiario.com/partido-p ... -eleitoral
Bó artigo que explica bastante ben os "porqués". De todos os xeitos o PP galego no seu momento foi bastante intelixente da mán de Fernández Albor, Cuiña e logo o propio Fraga "reconvertido" de poñer en práctica un modelo de acción moi ben adaptado a realidade galega, defendendo "o seu xeito" o idioma, a cultura, as tradicións etc cicais dun xeito excesivamente "folclórico" mais efectivo; de feito abortou calquer intento efectivo da aparición dun partido nacionalista de centro-dereita, porque a xente entendeu que o PP (en Galicia) cubría bastante ese eido.

Re: Eleccións

Publicado: Jueves 11 de Enero de 2024, 11:42
por roped
Realmente ese partido nacionalista de centrodereita existiu, foi Coalición Galega, nas eleccións do 85 acadaron o 13% do electorado e 11 escanos, foron chave de governo varias veces, sucedeu que as divisións internas que darían lugar a Centristas de Ourense, logo Centistas de Galicia e finalmente o Baltarismo xa dentro do PP , xunto ca toma de malas decisións provocaran que fosen absorbidos polo fraguismo nun plis.

Foron uns miserables que se venderon moi baratos, unha tónica xeral entre os líderes galegos de tódolos tempos.

Re: Eleccións

Publicado: Jueves 11 de Enero de 2024, 12:48
por Kalashnikov reborn
Coalición galega no se integrara dentro de AP o me falla la memoria?

Enviado dende o meu 2201117SY usando Tapatalk


Re: Eleccións

Publicado: Jueves 11 de Enero de 2024, 13:08
por roped
Kalashnikov reborn escribió:
Jueves 11 de Enero de 2024, 12:48
Coalición galega no se integrara dentro de AP o me falla la memoria?

Enviado dende o meu 2201117SY usando Tapatalk
Non exactamente, de feito ata non fai tanto existían. https://coaliciongalega.webnode.es/

Posiblemente oficialmente aínda o fagan.

CG desangrouse en dous bandos , un rollo Podemos - Sumar, gran parte dos seus principais membros remataron no PP, pero tamén os houbo no BNG.

Tamén houbo un proceso a inversa, 5 do AP con Barreiro a cabeza, traizoaron a Fernández Albor, o único presidente dun pais occidental adestrado pola Luftwaffe nazi, meténdose en CG, e dándolle a presidencia da Xunta a Fernández Laxe do PSOE.

Eleccións

Publicado: Viernes 12 de Enero de 2024, 8:51
por Filotas
Yo era pequeño y no lo recuerdo muy bien, pero tengo la sensación de que coalición galega era algo así como una CiU gallega. ¿Es así, Roped?

En cuanto a Fernández Albor, más allá de la ideología, tuvo una vida de película.

Re: Eleccións

Publicado: Viernes 12 de Enero de 2024, 10:24
por roped
A idea era esa, pero foi un proxecto moi personalista de Franqueira, cando este faltou foise todo o carallo. Franqueira foi un cacique ourensán vinculado o réxime franquista, o que lle permitiu ser o principal fundador de COREN, tamén tivo accións peliculeiras. ETA tentou secuestralo na súa casa, el alegando que estaba en pixama pediulle os secuestradores permiso para mudar de roupa, momento que aproveitou para coller unha pistola que tiña agochada na cama e pegarlle dous tiros a un dos secuestradores, espantando os demais. ETA está moi mitificada, debían ser unha chaiñas de carallo. O Franqueira debía ser bo peixe para durmir cunha pipa.

Fernández Albor foi un tipo bastante misterioso, molaba que houbese escrito unhas memorias onde contara como era a Alemaña Nazi ou as paparotas cos narcos en Portugal. Con todas as diferencias que me separan de Fernández Albor debo recoñecer que o igual que Fraga , era un tipo culto, foron ultraconservadores pero leron libros, a diferencia dos plantapinos de Feijoo e Rueda.

Ademais Albor era galeguista, estivo na órbita de Ramón Piñeiro, un tipo que non me cae especialmente ben pero que deseñou o que hoxe é GZ desde a máis absoluta pobreza de medios e a clandestinidade, coméndolle a cabeza a xente tan dispar como Fernández Albor ou o anarquista Juan García Durán, pseudónimo de Luís Costa García, tamén coñecido como El Fugas, este si que tivo unha vida de película, máis ben de serie de tropecentos capítulos, a súa páxina na wiki é moi incompleta pero dá unha idea das peripecias deste fenómeno. https://gl.wikipedia.org/wiki/Juan_Garc ... Dur%C3%A1n

Re: Eleccións

Publicado: Jueves 18 de Enero de 2024, 16:11
por krnicero
A miña predición:

PP ----- 40
PSOE -- 20
BNG --- 15

Re: Eleccións

Publicado: Jueves 18 de Enero de 2024, 17:48
por Blankito
Yo creo q ganará el PP por uno o dos escaños, y que el bloque supera al PSOE

Re: Eleccións

Publicado: Viernes 19 de Enero de 2024, 10:17
por waccamole
Eu diria que a cousa queda asi

PP ----- 41
BNG -- 22
PSOE --- 12

Re: Eleccións

Publicado: Viernes 19 de Enero de 2024, 10:48
por roped
Eu creo que o PP gañará, ou perderá, por un ou dous, entre 36 - 40 escanos, o BNG 19-22 , PSOE 16-18 e DO sacará polo menos un escano.

A clave estará en se a GZ urbana e das vilas vai a votar ou quedará na casa, o rural vai sempre, se hai unha alta participación o PP probablemente perderá, se é baixa a vitoria do PP é segura.

Re: Eleccións

Publicado: Viernes 19 de Enero de 2024, 11:18
por Andretua
PP 38
BNG 22
PSOE 14
DO 1

Re: Eleccións

Publicado: Viernes 19 de Enero de 2024, 13:01
por valeron4ever
PP 37
BNG 22
PSOE 15
DO 1

E Jacome frotándose as mans