Los Ex

Entrenadores y jugadores con pasado blanquiazul y otros futbolistas de ahora y siempre
Avatar de Usuario
migui
· Maestro Forero ·
Mensajes: 1710
Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 0:58

Re: Los Ex

Mensaje por migui » Martes 03 de Febrero de 2026, 10:30

Foi chegar Pandiani e escapar

Avatar de Usuario
Fisterrán
[Mod] · Deportivista ·
Mensajes: 5643
Registrado: Jueves 11 de Marzo de 2010, 21:14
Ubicación: Elviña

Re: Los Ex

Mensaje por Fisterrán » Martes 03 de Febrero de 2026, 21:11

Keko Gontán explica por qué el Deportivo retrasó tanto su regreso a la élite: "Somos unos señoritos"

https://www.eldesmarque.com/futbol/liga ... 35712.html

Onde está a liña que separa ser un mentiroso de ter mala memoria?

"Vas a Unionistas, campo de hierba artificial, pequeño y los jugadores somos unos señoritos... eso es lo que nos pasó. En Riazor ganábamos todos los partidos prácticamente, pero fuera nos costaba."

No campo de Unionistas ganamos 0-1. En Riazor empatamos a 0.

Salamanca: Ganamos 2-1 con gol de Bóveda no 90'
Coruxo: 1-0 mediocre
Racing: 1-0, penalti no minuto 5 e aí quedou o marcador
Celta B: perdemos 1-2. Sen comentarios.
Compostela: perdemos 0-2. Foi un roubo pero é que nin marcamos.
Unionistas: empate 0-0

Estamos na xornada 13 na sexta posición (de 10 equipos), con 10 puntos en 6 partidos na casa, cun 50% de vitorias e este fulano di que ganamos sempre na casa, que o problema era fóra. Despois ganamos a Guijuelo 1-0 e volvemos perder fóra en Ferrol. Na xornada 15, o ascenso era case imposible. Ganamos os 3 que quedaban pero era tarde xa.

Na xornada 15, con 7 partidos xogados en Riazor, con 4 vitorias, 6 goles a favor e 13 puntos, estaba o ascenso descartado.

"El equipo era la bomba, pero las categorías están para algo y el estilo de juego cambia"

A ver esa bomba.

Carlos Abad: porteiro con 41 partidos xogados en 2ª con 25 anos. Non volveu xogar en 2ª nunca máis.
Bóveda: non fai falta comentar
Salva Ruiz: ok, pero fixo unha temporada espantosa. Xa ascendera co Mallorca e ascendeu co Castellón despois.
Borja Granero: aspiraba a pasar desapercibido. Xogou algunha temporada en 2ª antes, pero non volveu a esa categoría.
Mujaid: ok
Bergantiños: ok
Borges: estaba acabado. Viña de Turquía e non sei a onde marchou.
Keko: máis partidos malos que bos. Daba a sensación de que lle faltaban 3 meses de pretemporada.
Uche Agbo: menos mobilidade que Mfulu
Lara: xogador de 1ª-2ª RFEF
Miku: cando colleu a forma xa era imposible ascender
Borja Galán: sen comentarios. Outro que non volveu pisar unha liga profesional.
Raí: non me acordaba deste fulano
Villares: empezou a xogar cando non había nada que arreglar
Beauvue: :lol:
Héctor Hernández: non sabía defender. pasou de 2ª a 2ªB, e de 1ª RFEF a 2ª RFEF
Valín: outro que pasou de 1ª a 2ª RFEF
Nacho González: este era un experimento para ver se alguén que nunca xogara ao fútbol na súa vida podía dar o pego nun equipo de nivel intermedio
Rayco: bastante malo pero ascendeu co Amorebieta a 2ª. Xa é máis que a maioría dos da lista.
Gandoy: xogador de 2ª RFEF

E o resto da plantilla non xogou nin 10 partidos, así que nin os nombro.

Agora que compare esa bomba cunha verdadeira plantilla feita para ascender, como a de 2023, con xogadores que destacan ou polo menos valen para 2ª, como Lucas, Yeremay, Mella, Villares, Jurado, Germán, Ximo Navarro, Pablo Vázquez, Barcia...

Responder

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 28 invitados