Ou2 escribió: ↑Jueves 02 de Febrero de 2023, 16:24
Fisterrán escribió: ↑Jueves 02 de Febrero de 2023, 16:21
Tino Saqués dixo hoxe que vende.
Faltouche añadir: "Se alguen ven con una oferta"
En realidade quería dicir que vende encantado...
O Lugo ten malas bazas que xogar:
-Saqués é un impresentable, o que poidera beneficiarlle xa o rañou e agora a outra cousa mariposa (se pode).
-Á cidade o Lugo, súdalla. Todos falarán de apoio e bla, bla, bla, pero a realidade é que, que lles interese de verdade e o sufran hai moi poucos. Algún hai, e dos que o viven moito e de verdade, pero moi, moi poucos. Lugo foi, é e será de Breogán, o Lugo, psá...
-Terían unha opción se o merca un tolo ou algún clube grande para filializar o clube, pero coido que a posibilidade é remota.
Dito isto, mágoa pola institución, ningunha. Merecen todo o que lles pase e se cadra máis, pero algo de mágoa polos verdadeiros seareiros e sufridores do Lugo, algo sí. Son moi, moi poucos, pero hainos, para os que o Lugo é case a súa vida, que estiveron cando o Lugo non lle importaba a ninguén, que estiveron cando a xente dou en facer creer que lles importaba e seguirían co Lugo ata donde chegue. Deses sí me compadecería.