Paréceme unha análise moi atinada. De todos os xeitos, e aínda que a este paso vai parecer que exerzo de avogado do Arenteiro, neste caso en concreto (no que se refire ao "caso Brea", se é que chegou a haber tal cousa), o discurso fácil do David vs. Goliat non veu tanto do Carballinho como da habitual horda de haters que utilizan o Arenteiro ou o equipo que cadre en cada xornada como "proxy" para zoscarnos un pouco (e se de paso conseguen sementar algo de cizanha, pois mellor, misión cumprida).Fisterrán escribió: ↑Lunes 29 de Abril de 2024, 23:10Eu tamén o pensei cando escoitei o entrenador dando a temporada por acabada con este "triunfo". Renuncian ao playoff igual que o Compostela renunciou a 1ª RFEF. Ademais o do Compostela fora outro atraco.
Esta é a dificultade engadida de ser o club que somos. Na segunda fase de 2021, cando case caemos a 2ª RFEF, tanto Langreo como Marino de Luanco foron a morte contra nós e pouco menos que regalaron os puntos contra o Racing de Ferrol.
Cada vez que un xogador desta liga ve a Lucas Pérez diante ten que soltarlle unha patada ou un codazo porque como ven de 1ª que espabile. Se Lucas contesta, xusta expulsión, a onde vai o flipado este.
Cando un club ten que vender entradas para coruñeses póñenas a 30 euros, a 40 ou a 60, total van vir miles igualmente. Empezando polo Arenteiro.
Cando queren un xogador cedido temos que pagar a ficha e cando queremos fichar nós, ui que nos quitan xogadores. Pobre Arenteiro que lle quitan a Chacón e puto Coruña que non quere que un porteiro ó que lle paga xogue contra o Depor.
Cando xogamos nun campo indigno dunha categoría RFEF non nos podemos queixar porque pobre Arenteiro que non ten outra cousa e putos prepotentes coruños que queren xogar no Camp Nou estando en categoría amateur.
Nós ó noso. Eles ó deles. O Lugo igual. O Racing de Ferrol igual. O Pontevedra igual. Cada un ó seu e xa está. Non hai que enfadarse con ninguén por iso, son negocios.
O que me parece tamén tristísimo é insultar a Romay por meter un gol. Eu criticaríao por pedir perdón porque son unhas disculpas falsas. Para pedir perdón primeiro tes que estar arrepentido e non volver facelo e non é o caso. Xa sabemso como son as redes sociais, hai xente que solta un "hijodeputa" ou un "rata" á mínima.
O que non entendo moi ben o que dis de Romay. Desculpas falsas por que?