Acabo de ver este tweet e non sei que pensar
Que equipo ten o Córdoba para ser favorito por enriba de Depor, Racing, Fuenlabrada, Alcorcón, Castilla, Badajoz? Mellor que todos, vaia. E no outro grupo gana o Eldense. O noso grupo ten que ser o forte este ano.
O porteiro é Felipe Ramos, un paquete que pasou polo Fabril chegado do Madrid hai mil anos e houbo que mandalo cedido en cada temporada do malo que era. Ademais creo que lle quitou o posto Carlos Marín.
Defensa: Puga - Moreno - Gudelj - Ekaitz.
Jorge Moreno estaba na Cultural, o equipo que peor defendía da categoría, mal empezamos
Gudelj, Puga e Ekaitz xa estaban no Córdoba. Nin idea de ningún
Centro do campo: Diarra - Flores
Diarra: xogou no Bilbao Athletic
Javi Flores: 36 anos, xa descendeu a 4ª División co Córdoba
Liña de mediapuntas: Carracedo - Kike Márquez - Simo
Carracedo xogou no Linares e marcou 5 goles. En Riazor perdeu 4-0
Kike Márquez: Ascendeu co Albacete. Partido de merda en Riazor. Dos poucos que veñen de categoría superior, era importante no Extremadura.
Simo Bouzaidi: Non sei quen é, xa estaba no Córdoba
Punta de ataque: Casas, ten 22 anos e ven de marcar 17 goles en 4ª División, pero é que nós temos xente que ven de marcar eses goles na categoría na que estamos
Outros xogadores:
Sergio Benito: media temporada no Badajoz e media no Valladolid B, perdeu contra nós dúas veces

7 goles en 32 partidos
De las Cuevas: mítico xogador asturiano, era mellor que Modric pero acabou aquí. 13 goles o ano pasado, pero, igual que Javi Flores, xa o tiñan hai dous anos e descenderon igual.
Non teñen moito máis. Unha cousa é xogar contra o Mensajero e o Tamaraceite e outra é ir a Riazor, A Malata, Pasarón, Reino de León, etc.
O Pontevedra e o Numancia tamén ganaron a liga e viñan de facer o ridículo en 2021 igual que o Córdoba.
Edito: De las Cuevas é alicantino