Marcos escribió: ↑Lunes 17 de Abril de 2023, 23:12
Es que la teoria que el Madrid es un club franquista es ridicula.Podemos hablar de otras cosas pero es que eso no tiene ni pies ni cabeza.Como carallo va a ser el Madrid el club de Franco si en los 15 primeros años de Franco el Madrid hasta estuvo a punto de irse a segunda a mitad de los años 40 y ni ganó una liga.Y dudo mucho que Franco tuviera influencia en las copas de Europa si se supone que el regimen estaba aislado en los años 50.Ya me contarás que influencia tendría Paquito.Yo es que ahí le doy bastante la razón al madrid porque es que la tiene.Es un lloro y un complejo de inferioridad del Barcelona tremendo.
Non é ningunha teoría, son os feitos, que o Barça fose beneficiado polo franquismo non quita que o RM o fose tamén pero de xeito moito máis esaxerado.
O RM antes da guerra tiña dúas ligas, estaba en un segundo chanzo de clubs, o mesmo nivel que Barça e Sevilla, a moita distancia de un Athletic de Bilbao que arrasou con 4 ligas e dúas copas en 6 anos. Non é tan raro que pasara 15 anos coméndose os mocos.
É totalmente certo que o RM era un equipo republicano, de aí a banda morada que atravesa o seu escudo e que pasou a ser azul non fai tanto, é certo que foron represaliados, varios xogadores e directivos saíron exiliados, o club quedou sumido na ruína, a postguerra foi durisima para o madridismo, pero tamén é certo que Santiago Bernabeu e a súa directiva tiveron vínculos directos co franquismo, e xa a finais dos 40 pillaron cacho.
Acúsase o Barça de trincar recalificacións para erguer o Camp Nou, e acertan de cheo, pero tamén é certo que antes o Estadio Bernabeu xa fora pagado en parte polo Estado Franquista, en uns tempos onde moitos millóns de españois pasaban literalmente fame.
A Franco o futbol, e supoño que calquera outro deporte, importáballe un carallo, pero o réxime de Franco si usou o RM, ca inestimable colaboración dos seus directivos, para convertelo na carta de presentación de España en Europa, o mesmo tempo que subía algo a baixa autoestima dos españois, un "soy español a que quieres que te gane " nos 50, nun momento en que España era aínda considerada un aliado da Alemaña nazi e permanecía illada internacionalmente.
En esta operación enmarcase o roubo de Di Stéfano o Barça, afronta que tras 70 anos os culés aínda levan cravada ben adentro.
Poderíamos pensar que o lóxico sería que o equipo do réxime fose o Atlético en mans de militares e falanxistas, pero precisamente por ter eses líderes Franco non quixo darlle bola os roxiblancos, o club madrileño con máis títulos por aquel tempo, de feito un presidente aristócrata e falanxista do Atlético dos 50, non lembro o nome, púxoselle chulo a Franco , pretendía viaxar sen o seu consentimento a América nunha xira, facer de embaixador de España, facerlle a competencia o Real Madrid e de paso recadar algo de pasta, Franco non lle deixou e obrigouno a dimitir, supoño que baixo ameaza de fusilamento, ou accidente de avión, o tipo colleu a mensaxe e pirouse, collendo a presidencia do Atlético Jesús Suevos, un enorme fillo de puta de Ferrol, xefe da Falanxe galega, espía na II GM en París, e primeiro xefe da RTVE. Ten unha foto moi chula na wiki.
Supoño que o franquismo considerou un tanto desacertado ter a esta xente de "embaixadora" polo mundo adiante, xusto no momento en que buscaban congraciase co señor Marshall.