A intertoto é "equivalente" da Conference, pero xogada no verán e con menos marketing /participan os restos das ligas grandes e equipos de ligas inferiores). Foi un experimento e evidentemente non ten a categoría de copa, liga, Champions, UEFA, recopa, etc. que agora si tentan dar á Conference, que non deixa de ser un trofeo inventado para mover audiencia e pasta con equipos que non loitan polas outras. Que despois igual a Conference dura 50 anos e acaba tendo un prestixio brutal, pero vamos.
Para min: a intertoto foi un título? Si, supoño. Eu lembro celebrar coma tolos cos colegas o gol do final, ver a "entrega da copa" (

), etc. Evidentemente celebrando tamén a parte de entrar en Europa outro ano máis. E como digo, evidentemente é un título menor que non anula o feito que na mellor época da historia do clube o máximo foi un 4º posto (e sen ir moi sobrados), unha final de copa e moitos finais de tempada coa sensación de ocasións perdidas. Vale coma consolo contra os argumentos "Nós temos liga, copa etc." ? Tamén para min: nin de coña. Pero vamos, quen queira convencerse, adiante.
P.D. As redes sociais do Celta dan bastante vergoña allea desde hai tempo, sobre todo unidas á xestión nefasta da directiva. Máis valía ter un equipo que poida competir este tipo de partidos (de forma realista evidentemente) e menos facer o paiaso en redes.
P.D.2 O da Conference sei que é polémico, pero cando hai xente que di "buah estamos a 4 puntos da Conference!!" non é a primeira vez que digo que é unha copa de recheo improvisada e que xa a temos

que hai que ir a Europa League e deixarse de conferences.