guidetti4ever escribió: ↑Domingo 15 de Junio de 2025, 13:36
Monjacorrecaminos escribió: ↑Domingo 15 de Junio de 2025, 12:36
Pues yo lo que estoy leyendo es al 99.9% del celtismo rabiando porque la presidenta ha pasado de ser la heroína que nos clasificó a Europa con su modelo, a Mouriño, la que obligó a Fer Lopez a firmar por los Wolves con una pistola en la cabeza.
Aquí todos teñen, pero activar a opción Jorge Mendes xusto agora ven da directiva, como veñen as filtracións de que xa teñen acordo co Wolves, etc. Só hai que ver quen falaba onte e como. Evidentemente o xogador ou o representante teñen que presentar unha oferta e asinar, pero o feito de saír buscar unha oferta ten a beizón de Marian; a colaboración entre Celta e Mendes vai moito máis aló de Fer López e a responsábel principal é Marian Mouriño.
Outra cousa é o resultadismo, e que moitos puxesen a Marian de heroína cando todo o tema de Claudio e a canteira ven para tapar un buraco enorme creado por ela.
a miña aposta é que o celta (coma o 80% dos clubes, por outra banda) vive o día, trampea coma pode, vai espido, non tén un plan (dí telo, pero non o ten), vai improvisando, e iso é ponte de prata para os mendes de turno que da man esquerda se traspasa un xogador (seu) a man dereita nun clube (seu, medio seu, ou curman seu), e collan o celta cos pantalóns nos nocellos por mor dunha política contractual de merda cos canteiráns (e xenerosa de mais coas fichaxes)
a versión celta busca isto?, pois tamén me cadra porque xa o dixo a filla na rolda última (o de que cunha venta a "foto" dos números quedaría mellor), pero imaxino que claudio antes de marchar de vacacións lle tería dito o clube quen tiña que estar si ou sí na volta (e fer era un deses segurísimo), e en 15 días pasaba a ter ficha no primeiro equipo (co aumento de cláusula)
así que o que mais sentído me ten é que mendes é listo de mais, e o celta si rascas aparecen as costuras (ou sen rascar)
cando saian da cova, e se dignen a dar media explicación (e sobre todo de porque mendes tén nas gadoupas a calquer rapaz que prometa na canteira), pois teremos mais datos. de monento aposto por incapacidade/neglixencia que por ser a cabeza da serpe (por desgraza non descarto equivocarme)

e pola banda de fer, pois que faga o que queira ca sua vida, parvo non é e sabía con quen asinaba, e tiña múltiples exemplos para facerse unha composición de lugar do que significa asinar por mendes. que lle vaia ben (ou mal tanto me tén)