Fío de Róber
viewtopic.php?p=1504302#p1504302
The Driver escribió: ↑Domingo 18 de Junio de 2023, 23:32
Fisterrán escribió: ↑Domingo 18 de Junio de 2023, 23:09
Pero se Luis tiña moita máis traxectoria que Noel. Vaia película, a esperanza blanquiazul... Comparar a Insua con Noel... En fin.
A diferencia entre Noel e Luis é que con Noel decidiuse non fichar máis dianteiros e con Luis non se fichou a Geijo porque o impediu a Administración Concursal e acto seguido fixéronlle ficha do primeiro equipo.
El reductio ad Geijum no cuela. Todos los entrenadores hacen apuestas fallidas y eso no significa que sean timoratos con los canteranos, también Guardiola quiso a Chigrinsky para el puesto de Piqué. Eso no es ningún argumento que refute la tendencia de un entrenador en apostar por la cantera.
Luego ya están las opiniones subjetivas de cada uno, para mí hay más diferencia entre el Deportivo de 2013 y el de 2021 que entre el Luis de 2013 y el Noel de 2021, y es más meritorio darle 4600 minutos a dos debutantes en el fútbol profesional (sin contar a Seoane o Juan Carlos) que 1800 a los campeones de España juveniles en 1a FEF.
Non sei por que pensas que ten máis mérito ganar en juveniles que na 3ª División de Racing de Ferrol, Celta B, Compostela e Pontevedra e tampouco por que subir un par de xogadores de relleno porque os administradores concursais non deixaban fichar máis (ata que deixaron) é apostar pola canteira e subir a Noel e Trilli é maltrato.
Tampouco fai falta ir tan lonxe, que este señor estivo aquí hai 2 anos e apostou pola canteira o mesmo que os que viñeron despois ou menos. Menos que Cano é imposible, pero pouquísimo.
2020-2021
Fernando Vázquez descende en 2020 a 2ªB. Ascenden do Fabril:
-
Gandoy. Actualmente en 2ª RFEF.
-
Valín. Acaba de descender a 2ª RFEF.
-
Mujaid, que xa estaba practicamente subido e era o mellor central.
-
Adri Castro. Estaba no Ourense CF e tráeno para o primeiro equipo pero acaba no Fabril. Xoga un total de 1 partido con Vázquez.
No
Fabril 2019-20 estaban:
-
Diego Villares. Tamén estaba na 20-21 pero non xogou nin un partido de pretemporada co primeiro equipo.
-
Martí Vilà. Campión de 1ª RFEF en 2022 co Andorra.
-
Tomás Bourdal. Campión de 1ª RFEF en 2023 co Racing de Ferrol.
-
Mario Losada. Xogador de Unionistas (1ª RFEF).
-
Alberto Sánchez. Xogador de Unionistas (1ª RFEF).
Poden ser malos ou malísimos, pero estar estaban no Fabril con Gandoy e Valín e agora están en equipos mellores.
O que si que ten minutos no primeiro equipo é
Manu Mosquera, fillo de Manuel Mosquera. Un chaval que pasou de 2ª División B e Liga Smartbank a 3ª División, de 3ª Div a 2ª RFEF, de 2ª RFEF a 3ª RFEF, de 3ª RFEF a Preferente e, nos últimos meses, de Preferente a 1ª Autonómica.
No mercado invernal, con De la Barrera, ascenden do Fabril dous xogadores que xa estaban na primeira volta:
-
Diego Villares. Practicamente titular desde ese momento.
-
Rayco. Suplente na maioría de xornadas e non renova.
-
Adri Castro segue sen subir definitivamente pero ten máis minutos que antes.
2021-2022
En 2021 entramos en 1ª RFEF e chega Borja Jiménez. Ascenden do Fabril:
-
Trilli. Xoga exactamente 5 partidos, contra Fisterra, Viveiro, Arzúa, Silva e Bergantiños na primeira fase e 0 na segunda. O resto da temporada co Xuvenil A. Sube el ó primeiro equipo e non Guerrero, que xa debutara con De la Barrera. Comparte posición con outro canteirán que subiu a temporada anterior. Acaba xogando Víctor por lesións de ambos e ó final fichan a Antoñito por lesión do propio Víctor.
-
Noel. Xoga 0 partidos no Fabril. Toda a temporada co Xuvenil A. Súbeno a el, renova Miku, chega Quiles (para xogar en banda) e non se ficha nada máis. En 1ª RFEF xoga 1000 e pico minutos. Marcha para o Castilla e xoga menos.
-
Pablo Brea. De porteiro suplente.
No
Fabril 2020-21 estaban:
-
Alberto Sánchez outra vez. Non ascende ó primeiro equipo porque xa está Brea.
-
Guille Bueno. Estaba renovado pero pensouno mellor e marchou a Dortmund.
-
Yeremay Hernández. Destaca bastante a pesar de non xogar tantos minutos porque tamén estaba no Xuvenil A. Non ascende ó primeiro equipo pero vai convocado bastantes veces e ten minutos.
2022-2023
Seguimos con Borja Jiménez como entrenador. Ascenden do Fabril:
Yeremay Hernández. Pero é suplente e xoga en 3 partidos de 7. Despois chega Cano e xoga aínda menos.
No
Fabril 2021-22 estaban:
-
Alberto Sánchez outra vez. Marcha cedido a un equipo de 1ª RFEF.
-
Dani Barcia
-
Brais Val
-
Iano Simão. Fichan a Retuerta por ser sub-23.
-
David Mella. Está lesionado toda a primeira volta e parte da segunda.
-
Davo. Igual que Mella.
- etc.
Borja Jiménez dura 7 semanas e traen a Cano. Ascenden do Fabril:
- Ninguén, nin un minuto.
Chega De la Barrera e ascende a:
- David Mella para 2 partidos.