Mensaje
por Tittyshev » Lunes 28 de Enero de 2013, 21:08
Con Pita en lugar de Antonio Tomás ou Juca, ou Iván Carril en lugar de Cristian, Raúl en lugar de Rindaroy, Iago en lugar de Míchel, poderiamos descender ou deambular como deambulamos os anos previos, pero pagando fichas máis baixas, a coste cero, e con certo compromiso. E para que saian xogadores da canteira, para que sexamos un referente futbolístico para todo o talento de, digamos, o Reino Suevo, para que non se nos vaian, hai que apostar, crear ambiente de canteira. É todo un círculo vicioso e nós levamos desde que eu vexo fútbol na espiral contraria, tanto por parte do clube como por parte da afección.
Antes de ter que aturar a un Bodipo ou a un Taborda, non sae mellor ter unha estrutura que che permita sacar de cando en vez un Lassad ou un Xisco a custe cero? Que sería de Iván Carril ou de Pita de ter os minutos e a confianza que tiveron no seu día os intrascendentes Cristian e AT?
É que é empezar a facer memoria: Cristian, Guirado, Rindaroy, Brayan Angulo, Saúl, Antonio Tomás, Juca, Barragán, Estoyanoff, Desmarets, Urreta, Thiago Pinto, Roderick, Rubén Pérez. Non compensa por un Verdú ou Arbeloa en 4 anos, ollo, sendo moitos deles xogadores que puideron chegar.
Todo isto permíteche ter mellor acceso a xogadores que de verdade marquen a diferenza, porque non gastas no que non precisas. A Real diría que é un bó exemplo a seguir.