sempren escribió:Non, a reflexión de Jes1906 é en xeral. As dúas diferencias principais residen en que por una parte os dous rapaces xa tiñan as maletas feitas, xa estaban perdidos pola nosa parte, e por outro lado que son parte dunha negociación: non creo que os celtiñas poidan decir o mesmo con Denís que con Joselu, por exemplo.
Se xa tiñan as maletas feitas, como é que o Deportivo pode metelos na operación por Bastón? Que dereitos exerceu sobre eles? Aí é onde non se aclaran algúns. E isto foi o que eu dixen o outro día, que o Celta ía a por eles porque son galegos, ergo, maior facilidade de retelos nós preto da casa, que a traer promesas de fóra -non as estupideces que algúns sacaron de aí-. Se xa había máis intereses, e estes tiñan (coma outros) pensado marchar, por cousas como as do bus (por moito, doutra vez, que algúns digan que non ten importancia), normal que Toni Otero queira tentalos e estar alí o primeiro. De feito é o seu traballo.
Non entendo moi ben o que queres dicir co de Denís e Joselu,
sempren.
Jes1906, unha cousa é que vós non tivésedes asumida a marcha, e outra que eles non andaran xa a negociar con outros clubes só porque a info que saíu foi a do Celta soamente. Pero que fundamento hai para dicir que Toni Otero foi o único que intentou atraer a rapaces primeiro? Sabedes nin sequera quen son os ojeadores ou encargados da canteira dos outros clubes? E insisto, se non ten vinculación, como é que o Deportivo negocia con el/fai algún tipo de forza para os seus intereses? Vexo que falades por falar, e que non sabedes realmente as circunstancias.
O dos equipos convenidos paréceme ridículo, agora o Celta non vai poder negociar cos equipos que teñan tratos co Deportivo?? Ou mellor, con todos os equipos do mundo que ti queiras? Estes clubes fan acordos porque lles interesa a eles e para os rapaces, se as condicións que lles ofreceu o Celta son satisfactorias, cal é o motivo polo que alguén fai algo malo aí? Acaso o Ural é o Deportivo C?
E do resto...a min paréceme unha obviedade que cando o Celta estaba en segunda, vendendo todo o que podía, non estaba en condicións de ofrecerlle aos chavales do norte nin mellores condicións, nin máis futuro, vós estabades na primeira, cunha cidade deportiva nova, e investindo algúns cartos. Cando estivo en situación de si poderlles ofrecer algo que no norte non, foi a por eles (o mesmo que fan, e ían facer, Atlético, e todos eses equipos. O MESMO. Só que eles sempre van ter mellor situación que Deportivo e Celta, polo tanto, sempre están aproveitando esa debilidade). Hai a mesma intención, que é levar aos mellores á canteira. Pero o Celta faino cando ten a superioridade que os demais antes xa tiñan. E por suposto, é unha solución tentadora para os nenos. Ou todos "buitrean", ou ningún. O resto é montarse películas para xustificar a perrencha.
Aglaca, graciñas, no tengo problema alguno en sumar ni restar, pero a ver si eres tú el que no entiende lo que yo digo. Quizá debieras entonces revisar tus cuadernillos Rubio. Por otra parte, creo que eres moderador en este foro, un poco decepcionante que en tu posición uses ese tono con un forero con el que no tienes esa, ni ninguna confianza. Y más viendo la elegancia de otros que participan en el debate.