Mensaje
por roped » Miércoles 25 de Noviembre de 2020, 13:50
Si , moi ben, todo iso é certo, ou medianamente certo, eu non estou dacordo cando dis que estamos xogando moi mal, cando se xoga moi mal perdese, máis correcto sería dicir que non xogamos ben, pero chegados a este punto aceptado por todos, cal é alternativa?, que temos que facer para axudar o club?, os afeccionados non xogamos pero temos un papel importante, é máis vou dicir algo moi impopular, creo que o club está como está en parte por culpa da afección, a reconstrución de un equipo con un pasado glorioso pero con recursos moi limitados é complicada, pero aínda se complica máis cando o nivel de esixencia dos afeccionados é alto, como corresponde a historia do club, o longo desta década vin como os nosos xogadores lles pesa o escudo, fai anos era a inversa, os xogadores do Depor competían por riba das súas teóricas posibilidades, xogadores fracasados en clubs grandes fixeron do Depor un club grande, e iso foi posible por moitos factores, a falta de presión foi un deles, e non dos menos importantes, agora é todo o contrario, xogadores mediocres, por non dicir malos, teñen que xogar ben e aturar a presión cando non conseguen depregar un bo xogo, que é case sempre, e aí estamos, triturando xogadores e adestradores ano tras ano, e cada vez peor.
Na miña opinión sería bo construír un bloque de xogadores que saiban a que xogan, iso pode facerse en poucos meses, pero son casos excepcionais, normalmente leva varias tempadas, canto peores son os xogadores máis tempo leva, e para que iso se consiga con Fernando, ou con quen sexa, a afección debe tragar co noso lamentable xogo, apoiar os xogadores, o adestrador, a directiva,como se fosen a reencarnación do Superdepor. Un apoio cego e acrítico, que non mire o futuro, que se preocupe so do seguinte partido, sen promocións, sen ascensos, sen débeda... creo que é o único camiño racional para construir algo con xeito, tamén creo que isto é imposible, o futbol é puramente irracional, é puro sentimento, e a xente non pode evitar cabrearse por moito que o intente, así que ou nos rescata la flor del coruña, que nos toque a tómbola nunha desas rifas de cambio de adestrador e empecemos a gañar , e dependendo da categoría a xogar ben, ou desaparecemos, por agora imos pola 14ª e aínda non tocou.