Moi interesante a resposta. Pero penso que caes en dous erros fundamentais, máis alá de que teñas razón en moitas cousas.Jes1906 escribió: ↑Sábado 18 de Enero de 2020, 13:54Bueno, no es glorificar, yo reconozco que me gusta mucho más que Carmelo, pero tampoco he sido excesivamente crítica con este último, como tampoco lo fui con Barral mientras la animadversión era casi unánime. Para mí son distintos, en formas, en comportamiento, en manera de ver el fútbol y, sobre todo, en prioridades. Evidentemente Barral tiene 2 millones, pero también los tuvo Carmelo en verano y la línea, sin entrar en si mejor o peor, es totalmente opuesta, y si Carmelo hubiese tenido ahora estos dos millones también lo hubiese sido. Por ejemplo, el fichaje de Sabín es muy de Carmelo, pero a Colak y a Boví ni se los hubiese planteado.Vinnie Jones escribió: ↑Sábado 18 de Enero de 2020, 13:18Si, pero antes de glorificar a Barral (que xa hai moitos con ganas), e con escaso interese en defender a Del Pozo, dicir que Barral ten 2 millóns para fichar 6-8 xogadores para media tempada. Carmelo tiña 8 para pagar a vintepico tíos, máis a lousa económica de Rolán.
Non son cantidades homoxéneas como para establecer comparativas tan alegremente.
Barral siempre ha pensado a lo grande. Por lo que sea siempre ha intentado fichar a futbolistas un puntito por encima del nivel del Depor en ese momento (y los tres que ha traído también lo son). Nunca entendí las críticas a su trabajo. En cinco años el Depor voló en plantilla, en activos, en revalorización, miras atrás y ves los futbolistas que han pasado por aquí y solamente los propios mayores defectos de Barral responden a cómo fue posible el descenso: portería y banquillo. Si en esos dos puestos hubiese puesto el mismo empeño y hubiese soñado el 50% de lo que soñó para otras demarcaciones, hoy no estaríamos en Segunda. Que falló? Sí. Como todos. Coges los fichajes de absolutamente todos los directores deportivos de cualquier categoría y te sale un acierto de 1 de cada 2, más o menos. Lo importante es la base que fue generando a partir de ese ensayo- error. Los Sidnei, Juanfran, Schar, Mosquera, Borges, Guilherme, Luis Alberto, Arribas, Lucas, Fede, Valverde, Andone, Navarro, Adrián... La plantilla, cada año, siempre estaba un puntito por encima de la anterior, y descendimos con la mejor plantilla en mucho, mucho tiempo. Fútbol es así.
Carmelo cree más en el trabajo y ha intentado apartarse a toda costa de futbolistas irregulares y propensos a las lesiones, pero ese camino precisamente le ha llevado a dejar la plantilla con escasa atracción "futbolística", más allá de Aketxe y Gaku. La plantilla que deja no es ni mucho menos la que aparenta ser, y lo iremos viendo con el paso de los partidos, pero ha fallado estrepitosamente en los extremos y en el banquillo, ni siquiera diría en la punta de ataque, porque Longo y Santos son más que suficiente para un equipo que aspiraba a playoff.
El problema de siempre en este club, y en todos, es que valoramos en función de los resultados y somos incapaces de separar el rendimiento de la calidad. Si rinde mal, es malo. Si rinde bien, es bueno. Y si rinde muy mal ahora y en dos meses de maravilla, AY PUES NO SÉ QUÉ PUDO PASAR. Y posiblemente dentro de unas semanas nos veremos en la tesitura de que cómo es posible que estos cojos mercenarios y demás lindezas sean capaces de jugar al fútbol. Me parece injusto, muy injusto con Carmelo, cargarle con fichajes aplaudidos por todos.
Sería bueno, como club, ya no como aficionados que escriben aquí, que empezásemos a valorar el trabajo por el trabajo y no por los resultados (no como esa película de "y a ver si vuestros jefes..."), y no me refiero a Carmelo, que estoy convencida de que tendría que salir, sino en general. Quizá así evitaríamos ese baile de entrenadores constante, ese baile de directores deportivos y esa trituradora de futbolistas en la que nos hemos convertido.
O primeiro é que segues a incidir en que a situación actual é comparable a verán. Nada máis lonxe da realidade, o acordo con Abanca cambia por completo as circunstancias, e por moito que intentes equiparalo, a situación para fichar de Carmelo era moito máis limitada ca que agora ten Barral. Dous millóns para pagar 6-8 xogadores durante medio ano nada ten que ver coas dificultades que tivo Carmelo para fichar en verán, por moita razón que teñas en mencionar que Barral "pensa ao grande", cos beneficios (e problemas, que tamén os ten) que poida ter eso. Coincido en que a liña de Carmelo sería totalmente distinta (e eso que tamén trouxo a Carlos, a Marí, a Duarte, a Vicente... xente que daquela tiña o seu cartel), pero as posibilidades económicas de ambos mercados son directamente diferentes, e polo tanto, os resultados son incomparables.
O segundo é que segues considerando que por fichar bos xogadores xa se está a fichar ben. De novo, penso que non é máis ca unha pequena parte do que lle corresponde a un director deportivo. Barral ten moito ollo para recoñecer talento futbolístico, ninguén pode negar tal cousa, pero adoita xestionar mal os recursos dispoñibles (a esa última "talentosa" última plantilla me refiro, non podes gastar máis de 10 millóns en dous xogadores como Lucas e Guilherme na nosa situación) e carece de visión de conxunto. A desatención á portería, a combinación de xogadores con talento pero que non eran prioritarios ou a incompatibilidade da plantilla co adestrador contratado e co seu plan son defectos que demostraron ser evidentes nos seus anos. E o seu defecto máis grande, que espero que non nos volva afectar, é o de vulnerar a posición de autoridade do míster en favor dos xogadores, algo que tamén comparte Vidal e do que espero que aprendesen nestes últimos anos.
E si, "capitalizou" (a palabra favorita dos barralianos) a plantilla, pero eso non implica que o que trouxo fose positivo para a construción dun equipo. Porque para facer tal, necesitas ter un adestrador cun plan definido, e uns xogadores que acaten o que este diga e cuxas virtudes sexan acordes ao que este propón. E por moitos xogadores con talento que trouxese, está claro que fracasou nesta liña, de feito moitos deses xogadores saíron por cantidades inferiores ás que debían saír, simplemente porque non se revalorizaron aquí, máis ben todo o contrario.
Carmelo parecía que tiña unha visión de conxunto moito maior, e que sabía conformar unha plantilla coherente co adestrador, aínda que está claro que lle faltaba ese punto de "intentar chegar á excelencia" que tiña Barral (quizais excesivamente megalómano). Pero este ano decidiu coller todos os defectos do seu odiado predecesor e caer nas mesmas problemáticas, construíndo un equipo para Anquela que nada tiña que ver co que este reclamaba, posiblemente porque non era do seu agrado, e dedicouse a traer xogadores que, en moitos casos, non funcionaban co que o señor maior quería facer; pero o seu ego era demasiado grande como para que intentase explorar outras alternativas.
Respecto a cousas como os dous últimos párrafos, nada que engadir. Tes moita razón.