http://www.odeporeteu.gal/img/logo2.jpg[/imgmax]
Se algo fai especial ao Deportivo é que segue sendo unha Sociedade que pertence aos seus afeccionados. É un Club de todos. Ten 23.000 donos orgullosos de selo. E seguro que, contigo e todos os deportivistas do teu contorno, cando se peche a Ampliación seremos moitos máis.
Compra as túas accións de xeito presencial na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio de Riazor, Avenida de La Habana s/n). Horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.
A distancia, tamén podes realizar un ingreso / transferencia na conta corrente: ES55 2080 0000 7630 4019 9039 facendo constar "NIF ou CIF + nome + Ampliación de Capital RCD". Unha vez verificada a operación, os responsables de atención ao accionista poranse en contacto co titular das accións para completar o proceso.
Teléfono de información: 981 22 94 10
Correo electrónico: accionistas@canaldeportivo.com
Podes descargar aquí o documento con todos os detalles
ABANCA fai máis sinxelo participar na Ampliación de Capital do Real Club Deportivo. Merca as accións NA OFICINA DE ATENCIÓN AO DEPORTIVISTA coa túa TARXETA DE CRÉDITO DE ABANCA e financia a compra de xeito instantáneo en 3, 6, 9 ou 12 meses sen xuros (para compras entre 2 e 50 accións. Para compras superiores tamén podes solicitar un crédito 24 horas de ABANCA)
A financiación tamén é posible mercando accións vía telefónica no 981 22 94 10
Acción: 60,10 €
Exerce o teu dereito de subscrición preferente antes do 31 de outubro de 2015!
#eteu
FASE 1
Destinatarios: Actuais accionistas do Real Club Deportivo
Tope de accións por accionista: O mesmo número das que posúa a 1 de xaneiro
Do 1 de xaneiro de 2015 ao 31 de maio de 2015
FASE 2
Destinatarios: Actuais accionistas do Real Club Deportivo
Tope de accións por accionista: 1.500 (90.150 €)
Do 1 de xuño de 2015 ao 31 de outubro de 2015
FASE 3
Destinatarios: Socios actuais do Real Club Deportivo que queiran converterse tamén en accionistas
Tope de accións por accionista: 1.500 (90.150 €)
Do 1 de novembro de 2015 ao 31 de marzo de 2016
FASE 4
Destinatarios: Patrocinadores, provedores e empresas colaboradoras do Real Club Deportivo
Tope de accións por accionista: 1.500 (90.150 €)
Do 1 de abril de 2016 ao 31 de agosto de 2016
FASE 5
Destinatarios: Deportivistas, fase libre
Tope de accións por accionista: 1.500 (90.150 €)
Do 1 de setembro de 2016 ao 31 de xaneiro de 2017