Re: Real Club Coruña
Publicado: Jueves 30 de Enero de 2014, 12:19
http://lafutbolteca.com/tag/escudo-futb ... la-coruna/roped escribió:Cundía saber como era o noso escudo durante a república, para ir pensando en rescatalo e tal...
Foro de opinión aficionados Deportivo Coruña
https://www.forodepor.com/
http://lafutbolteca.com/tag/escudo-futb ... la-coruna/roped escribió:Cundía saber como era o noso escudo durante a república, para ir pensando en rescatalo e tal...
Igual pero sen coroaroped escribió:Cundía saber como era o noso escudo durante a república, para ir pensando en rescatalo e tal...
Fisterrán escribió:Alguén sabe a que se debe ese cambio radical do escudo en 1955?
Como modesto aporte a iste ben interesante fío sobre os comezos non demasiado estudados do futbol na nosa cidade, decir que teño niste momento nas miñas mans o excelente "El Deportivo y la ciudad que lo vio crecer", publicado no ano 2000 pola editorial La Capital S. L. (El Ideal Gallego), co gallo do título de LIga recén acadado neses intres polo noso clube, con textos de José María Villot e coa coordinación de Xosé Manuel Mallo, e que cecáis estea dispoñible para libre consulta na biblioteca de estudos coruñeses de Durán Loriga, ou pode que nos fondos da biblioteca da Deputación canda o teatro Rosalía.Únicamente eso, alguna foto del campo de Monelos para ver donde estaba situado exactamente y como era.
Non. Non é a mesma. A foto "centrada e de esguello dereita esquerda" (sic) do palco central de Monelos que tí aportas (e que, pola súa composición e a particular profundidade de campo que tén, ao meu criterio é a mellor da serie toda que o mestre Ferrer de seguro debeu tirar naquela xornada de 1917 en Monelos e a máis descritiva da forma na que estaba construída aquela bancada principal, nídiamente exposta cáseque un século despois) está tirada "á dereita" da que pódese ver nesa páxina 11 do excelente "El Deportivo y la ciudad que lo vió crecer" e que está enfocada uns pasos máis aló pola esquerda do campo de visión da foto que tí dás aportado. O que se dá fotografado nela é a visión da bancada e maila xente a partires desa lateral esquerda do palco central.Adler84 escribió:A foto do "palco central" pode que sexa esta?
Unha "vista", con referencias que dean a posibilidade de situar definitivamente o campo. Pola miña banda e polo de agora, non dín atopado ningunha.Adler84 escribió:Eu o que estaba a buscar é algo como esta
Éo, sen dúbida ningunha. O testemuña un legado de 4000 pezas fotográficas impresas na súa exclusiva técnica de impresión en placas de vidro tiradas, entre 1900 e 1930, principalmente na nosa cidade da Coruña e máis tamén polo resto da nosa Galicia.Adler84 escribió:Ferrer ten un feixe delas desa época, é como o ilustrador oficial da Coruña de comezos do s.XX
Rabade escribió:Non. Non é a mesma. A foto "centrada e de esguello dereita esquerda" (sic) do palco central de Monelos que tí aportas (e que, pola súa composición e a particular profundidade de campo que tén, ao meu criterio é a mellor da serie toda que o mestre Ferrer de seguro debeu tirar naquela xornada de 1917 en Monelos e a máis descritiva da forma na que estaba construída aquela bancada principal, nídiamente exposta cáseque un século despois) está tirada "á dereita" da que pódese ver nesa páxina 11 do excelente "El Deportivo y la ciudad que lo vió crecer" e que está enfocada uns pasos máis aló pola esquerda do campo de visión da foto que tí dás aportado. O que se dá fotografado nela é a visión da bancada e maila xente a partires desa lateral esquerda do palco central.Adler84 escribió:A foto do "palco central" pode que sexa esta?
E ao me decatar de algo tan evidente coma que na internet, por forza, tiña que haber material fotográfico antigo descargado, una simple procura de Google levoume á descuberta de Pharum Brigantium [vellaenobrebrigantium.blogspot.com.es], unha sorte de "biblia" de fotos da Coruña de primeiros, mediados e finais do século vinte, chea de toda caste de marabillas e tesouros fotográficos, entre os que aparecen, no fío do Real Clube Coruña no que estamos, algunhas fotos máis da equipa, do seu campo de Monelos e dos seus seareiros:
A ver se me achego a consultalo un día entón.Rabade escribió: E falando de Pedro Ferrer, unha vez máis grazas a este fío do Real Clube Coruña volvo a asociar cousas aparentemente sen conexión algunha, a atar cabos e a remexer nos andeis da biblioteca. A propósito da, polo momento, descoñecida situación do Campo de Monelos, teño nas máns o libro de Carlos Díaz Martínez "A Coruña de Pedro Ferrer. Patrimonio e xentes, Imaxes do cotián", da Editorial Xerais (2005), DISPOÑÍBEL para préstamo na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés (Rúa Miguel González Garcés 1, na zona da gasolinera do inicio de Salvador de Madariaga):
http://rbgalicia.xunta.es/coruna/ (E despois, premer en "Catálogos" no enlace da Biblioteca Pública da Coruña).
É unha seleción das perto de 300 pezas da coleción de Pedro Ferrer particular de Carlos Díaz Martínez.
Dúas fotos, unha na páxina 160 e, sobre todo, na da 161, dun partido do Real Coruña, teñen de fondo o máis semellante a unha "panorámica" do campo de Monelos.