Real Club Coruña

Comenta sobre el resto de cuestiones relativas al R.C. Deportivo
Avatar de Usuario
Charly Gaul
[Mod] · Grimpeur ailé ·
Mensajes: 3515
Registrado: Domingo 08 de Mayo de 2011, 23:30
Ubicación: 43º 21' N

Re: Real Club Coruña

Mensaje por Charly Gaul » Jueves 30 de Enero de 2014, 12:19

roped escribió:Cundía saber como era o noso escudo durante a república, para ir pensando en rescatalo e tal... :lol:
http://lafutbolteca.com/tag/escudo-futb ... la-coruna/

Avatar de Usuario
Adler84
· Maximilien Robespierre ·
Mensajes: 2975
Registrado: Miércoles 21 de Marzo de 2012, 20:39
Ubicación: Curva Máxica (exiliado en Madrid)

Re: Real Club Coruña

Mensaje por Adler84 » Jueves 30 de Enero de 2014, 12:27

roped escribió:Cundía saber como era o noso escudo durante a república, para ir pensando en rescatalo e tal... :lol:
Igual pero sen coroa :lol:

Supoño que eventualmente non se podería "repescar" ningún dos antigos incluíndo o da Sala Calvet, supoño que serán propiedade da "Marca Deportivo".

Avatar de Usuario
roped
· Sedicioso ·
Mensajes: 11961
Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 9:35

Re: Real Club Coruña

Mensaje por roped » Jueves 30 de Enero de 2014, 17:09

Xa claro, é o lóxico :lol:, mais nunca vin o escudo "descoroado" nunha publicación orixinal.

Avatar de Usuario
Fisterrán
[Mod] · Deportivista ·
Mensajes: 15781
Registrado: Jueves 11 de Marzo de 2010, 21:14
Ubicación: Elviña

Re: Real Club Coruña

Mensaje por Fisterrán » Jueves 30 de Enero de 2014, 21:37

Alguén sabe a que se debe ese cambio radical do escudo en 1955?

Avatar de Usuario
Rifle
· Maestro Forero ·
Mensajes: 5281
Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 0:05

Re: Real Club Coruña

Mensaje por Rifle » Jueves 30 de Enero de 2014, 21:40

Que Lendoiro cumplía 10 años.

Avatar de Usuario
Bartok
· Bilardista ·
Mensajes: 2547
Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 1:18

Re: Real Club Coruña

Mensaje por Bartok » Viernes 31 de Enero de 2014, 1:01

Fisterrán escribió:Alguén sabe a que se debe ese cambio radical do escudo en 1955?

Supoño que sería por mor do 50 aniversario.

A todo isto, se o presidente do feirón respetara a historia o clube tiña que volver ao escudo de 1911. Ese si que era representativo.

Rabade
· Recién Llegado ·
Mensajes: 3
Registrado: Lunes 10 de Febrero de 2014, 23:32

Re: Real Club Coruña

Mensaje por Rabade » Jueves 13 de Febrero de 2014, 22:52

Únicamente eso, alguna foto del campo de Monelos para ver donde estaba situado exactamente y como era.
Como modesto aporte a iste ben interesante fío sobre os comezos non demasiado estudados do futbol na nosa cidade, decir que teño niste momento nas miñas mans o excelente "El Deportivo y la ciudad que lo vio crecer", publicado no ano 2000 pola editorial La Capital S. L. (El Ideal Gallego), co gallo do título de LIga recén acadado neses intres polo noso clube, con textos de José María Villot e coa coordinación de Xosé Manuel Mallo, e que cecáis estea dispoñible para libre consulta na biblioteca de estudos coruñeses de Durán Loriga, ou pode que nos fondos da biblioteca da Deputación canda o teatro Rosalía.

No seu primeiro capítulo: "1900 - 1921, Los Sportmen", no final da páxina 11 aparecen dúas fotos do Campo de Monelos, (unha do que debía ser o "palco central", con barandas dun deseño característico e ben diferente ás do vello Riazor; xunto doutra, ao seu carón, cunha banda do campo diferente ao fondo da fotografía) baixo o encabezado de "1917: Juegos Olímpicos de Monelos", cun pé de foto informando de que "En 1917 fue un éxito la primera competición atlética celebrada en Galicia y que tuvo por marco el campo coruñés de Monelos. Aquello se denominó 'Juegos Olímpicos de Monelos' ", e referida a certa competencia de atletismo organizada naquel ano con participación de atletas de Madrid, Vigo, "un nutrido grupo de alemanes" (sic) e do clube Coruña, consistindo en probas de 100 m. e 1500 m. lisos; 110 metros valados; probas de disco e peso; saltos de lonxitude e altura e unha proba de loita por equipos.

Unha vez reparada na específica forma das barandas da "tribuna" do campo, ese mesmo debullo aparece inconfundible nunha outra foto da páxina 5 dese mesmo capitulo, cun pé de foto xenérico e nada identificativo: "El interés por el futbol se daba tanto entre los mayores como en los niños", onde se presenta unha considerable sección do palco central de Monelos, esta vez nun angulo de esquerda a dereita. Xusto baixo dunha outra foto dun partido no Corralón da Gaiteira ónde aparece en primeiro plano un xogador coa inconfudíbel camiseta do Fortuna de Vigo rematando á portería defendida por xogadores con pantalón oscuro e camiseta branca (..o 7-1 da final da Copa de Galicia de 1907?).

E finalmente, na parte superior desa páxina 11 citada ao inicio, unha foto co posado da enteira plantilla do Deportivo, nunha das porterías do campo, cun pavillón detrás ao fondo, co seguinte pé de foto: "Toda la plantilla del Deportivo posa en uno de los últimos partidos disputados en el campo de Monelos".

E esa mesma imaxe, a do pavillón de fondo (vestiario dos xogadores e o árbitro?), tras dunha das porterías do campo de Monelos, resúltame persoalmente ben familiar e coincidente con esta outra atesourada no meu disco duro, escaneada hai anos duns vellos recortes dun xornal de 1915, cos xogadores do Deportivo Auténtico posando nesa mesma portería nun derby co Real Coruña en Outubro de 1915, como espero que se poida ler no artigo:

Imagen

Avatar de Usuario
Adler84
· Maximilien Robespierre ·
Mensajes: 2975
Registrado: Miércoles 21 de Marzo de 2012, 20:39
Ubicación: Curva Máxica (exiliado en Madrid)

Re: Real Club Coruña

Mensaje por Adler84 » Miércoles 26 de Febrero de 2014, 23:13

Grazas polo aporte! O vin daquela e pasoume o contestalo ata agora :?

A foto do "palco central" pode que sexa esta?

Imagen

Ferrer ten un feixe delas desa época, é como o ilustrador oficial da Coruña de comezos do s.XX

Eu o que estaba a buscar é algo como esta:

Imagen

Do campo da Granxa, pero do de Monelos.

Tamén teño algunha máis como esta:

Imagen

Pero claro, son das "gradas".

Rabade
· Recién Llegado ·
Mensajes: 3
Registrado: Lunes 10 de Febrero de 2014, 23:32

Re: Real Club Coruña

Mensaje por Rabade » Sábado 08 de Marzo de 2014, 0:16

Adler84 escribió:A foto do "palco central" pode que sexa esta?
Non. Non é a mesma. A foto "centrada e de esguello dereita esquerda" (sic) do palco central de Monelos que tí aportas (e que, pola súa composición e a particular profundidade de campo que tén, ao meu criterio é a mellor da serie toda que o mestre Ferrer de seguro debeu tirar naquela xornada de 1917 en Monelos e a máis descritiva da forma na que estaba construída aquela bancada principal, nídiamente exposta cáseque un século despois) está tirada "á dereita" da que pódese ver nesa páxina 11 do excelente "El Deportivo y la ciudad que lo vió crecer" e que está enfocada uns pasos máis aló pola esquerda do campo de visión da foto que tí dás aportado. O que se dá fotografado nela é a visión da bancada e maila xente a partires desa lateral esquerda do palco central.

E ao me decatar de algo tan evidente coma que na internet, por forza, tiña que haber material fotográfico antigo descargado, una simple procura de Google levoume á descuberta de Pharum Brigantium [vellaenobrebrigantium.blogspot.com.es], unha sorte de "biblia" de fotos da Coruña de primeiros, mediados e finais do século vinte, chea de toda caste de marabillas e tesouros fotográficos, entre os que aparecen, no fío do Real Clube Coruña no que estamos, algunhas fotos máis da equipa, do seu campo de Monelos e dos seus seareiros:

Imagen

Imagen
Última edición por Rabade el Sábado 08 de Marzo de 2014, 2:36, editado 3 veces en total.

Rabade
· Recién Llegado ·
Mensajes: 3
Registrado: Lunes 10 de Febrero de 2014, 23:32

Re: Real Club Coruña

Mensaje por Rabade » Sábado 08 de Marzo de 2014, 0:40

Adler84 escribió:Eu o que estaba a buscar é algo como esta
Unha "vista", con referencias que dean a posibilidade de situar definitivamente o campo. Pola miña banda e polo de agora, non dín atopado ningunha.

Nada dende logo comparable á panorámica do vello Parque de Riazor, [dende o minuto 5,00 ao 5,31, deste emocionante vídeo restaurado non hai moitos anos polo CGAI dun achádego en Montevideo], tirada dende os outos do daquela nova Ciudad Jardín, e que alguén xeneroso descargou no Youtube:

http://www.youtube.com/watch?v=yPoD-mCSM_4

Adler84 escribió:Ferrer ten un feixe delas desa época, é como o ilustrador oficial da Coruña de comezos do s.XX
Éo, sen dúbida ningunha. O testemuña un legado de 4000 pezas fotográficas impresas na súa exclusiva técnica de impresión en placas de vidro tiradas, entre 1900 e 1930, principalmente na nosa cidade da Coruña e máis tamén polo resto da nosa Galicia.

E falando de Pedro Ferrer, unha vez máis grazas a este fío do Real Clube Coruña volvo a asociar cousas aparentemente sen conexión algunha, a atar cabos e a remexer nos andeis da biblioteca. A propósito da, polo momento, descoñecida situación do Campo de Monelos, teño nas máns o libro de Carlos Díaz Martínez "A Coruña de Pedro Ferrer. Patrimonio e xentes, Imaxes do cotián", da Editorial Xerais (2005), DISPOÑÍBEL para préstamo na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés (Rúa Miguel González Garcés 1, na zona da gasolinera do inicio de Salvador de Madariaga):

http://rbgalicia.xunta.es/coruna/ (E despois, premer en "Catálogos" no enlace da Biblioteca Pública da Coruña).

É unha seleción das perto de 300 pezas da coleción de Pedro Ferrer particular de Carlos Díaz Martínez.

Dúas fotos, unha na páxina 160 e, sobre todo, na da 161, dun partido do Real Coruña, teñen de fondo o máis semellante a unha "panorámica" do campo de Monelos.

Avatar de Usuario
Adler84
· Maximilien Robespierre ·
Mensajes: 2975
Registrado: Miércoles 21 de Marzo de 2012, 20:39
Ubicación: Curva Máxica (exiliado en Madrid)

Re: Real Club Coruña

Mensaje por Adler84 » Jueves 03 de Abril de 2014, 21:54

Rabade escribió:
Adler84 escribió:A foto do "palco central" pode que sexa esta?
Non. Non é a mesma. A foto "centrada e de esguello dereita esquerda" (sic) do palco central de Monelos que tí aportas (e que, pola súa composición e a particular profundidade de campo que tén, ao meu criterio é a mellor da serie toda que o mestre Ferrer de seguro debeu tirar naquela xornada de 1917 en Monelos e a máis descritiva da forma na que estaba construída aquela bancada principal, nídiamente exposta cáseque un século despois) está tirada "á dereita" da que pódese ver nesa páxina 11 do excelente "El Deportivo y la ciudad que lo vió crecer" e que está enfocada uns pasos máis aló pola esquerda do campo de visión da foto que tí dás aportado. O que se dá fotografado nela é a visión da bancada e maila xente a partires desa lateral esquerda do palco central.

E ao me decatar de algo tan evidente coma que na internet, por forza, tiña que haber material fotográfico antigo descargado, una simple procura de Google levoume á descuberta de Pharum Brigantium [vellaenobrebrigantium.blogspot.com.es], unha sorte de "biblia" de fotos da Coruña de primeiros, mediados e finais do século vinte, chea de toda caste de marabillas e tesouros fotográficos, entre os que aparecen, no fío do Real Clube Coruña no que estamos, algunhas fotos máis da equipa, do seu campo de Monelos e dos seus seareiros:

Imagen

Imagen

Se tes o libro non poderás escanear as fotos que teña e subilas aquí non? :)
Rabade escribió: E falando de Pedro Ferrer, unha vez máis grazas a este fío do Real Clube Coruña volvo a asociar cousas aparentemente sen conexión algunha, a atar cabos e a remexer nos andeis da biblioteca. A propósito da, polo momento, descoñecida situación do Campo de Monelos, teño nas máns o libro de Carlos Díaz Martínez "A Coruña de Pedro Ferrer. Patrimonio e xentes, Imaxes do cotián", da Editorial Xerais (2005), DISPOÑÍBEL para préstamo na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés (Rúa Miguel González Garcés 1, na zona da gasolinera do inicio de Salvador de Madariaga):

http://rbgalicia.xunta.es/coruna/ (E despois, premer en "Catálogos" no enlace da Biblioteca Pública da Coruña).

É unha seleción das perto de 300 pezas da coleción de Pedro Ferrer particular de Carlos Díaz Martínez.

Dúas fotos, unha na páxina 160 e, sobre todo, na da 161, dun partido do Real Coruña, teñen de fondo o máis semellante a unha "panorámica" do campo de Monelos.
A ver se me achego a consultalo un día entón.


Polo de pronto e sen ter relación co RC Coruña o que si atopei de casualidade foi o escudo do Clube Deportivo Xuvenil, equipo coruñés que militou na Segunda División en 1954/55, ano no que o Deportivo estaba en Primeira. Penso que Coruña debe ser a única cidade galega que tivo simultáneamente equipo en Primeira e mais en Segunda, e con Lugo unha das dous que tivo dous equipos distintos na categoría de prata.

http://es.wikipedia.org/wiki/Club_Deportivo_Juvenil

Aquí dí que fusionouse co Fabril en 1963 pero en outros sitios teño lido que non, e que por esa época incluso xogouse "a cara de perro" co Fabril un descenso a Rexional e que ao caer estes acabou coa discusión de cal era "segundo equipo da cidade" e finalmente desapareceron. Pero non o sei.

O escudo que parecía imposíbel de atopar é este:

Imagen

Responder

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 13 invitados