En realidade UK ten 20 millóns máis de habitantes que España, a espera do que pasa con Escocia e Cat.Tizón escribió:Si la teoría nos la sabemos todos, pero no debemos obviar que el Reino Unido tiene 15 millones más de habitantes que España, que tiren el triple de PIB, mayor renta per cápita, cuatro veces más de abonados a PPV, y eso sin contar la influencia que tienen en medio mundo... No es tan fácil como hacer la comparación directa y ya está.
O PIB de U.K. a valores de paridade de poder adquisitivo non chega ao dobre do de España.
Segundo o FMI, que tampouco hai que facerlle excesivo caso a esta xente, UK ten un PIB a valores de paridade de poder adquisitivo per cápita de 44.000 euros, España 38.000.
En realidade estas cifras macro non explican a enorme diferencia entre abonados e contratos por dereitos de tv entre España e U.K., a explicación está en que U.K. ten uns ingresos e un consumo distribuídos máis equitativamente entre toda a poboación, España ten pouca clase media, e cada vez menos, existen moitas franxas da poboación que viven por baixo do umbral da pobreza, España ten unha estructura social que se asemella máis a de un país do 3º mundo que o do 1º.
A todo isto hai que sumarlle que os ingleses están tolos, e viven moi poriba das súas posibilidades, a súa economía é insostible no tempo , e o seu futbol tamén, o seu intento de converterse en un paraíso fiscal tralo brexit non o vexo moi claro, eu creo que os británicos terán que ir borrándose das plataformas televisivas debido a que non van chegar tan alegremente a fin de mes, e creo que iso xa escomenzou, o ano pasado lin que as tvs de pago perderon un 15% do seus aboados , veremos como se pagan eses contratos...