Sardinha escribió: ↑Miércoles 18 de Junio de 2025, 13:15
roped escribió: ↑Miércoles 18 de Junio de 2025, 12:53
Pois eu penso que Yeremay canto máis arriba colla o balón mellor, que chupe o que queira na área, no medio campo mellor que lla deixe a outro. E para defender xa nin che conto.
Pois eu penso que estás bantante equivocado, a teoría é moi bonita, "sendo tan bo so hai que facer que lle cheguen os balón dentro do área... fácil" por qué non o pensaría ningun adestrador con Messi???
roped escribió: ↑Miércoles 18 de Junio de 2025, 12:53
Ximo é un vello con problemas físicos, telo correndo a banda un ano máis non é a mellor idea do mundo creo eu, ademais xa xogou de central.
O mesmo se decía o verán pasado, e físicamente mexa por toda a plantilla. O que hai que facer é ficharlle un recambio para non queimalo.
roped escribió: ↑Miércoles 18 de Junio de 2025, 12:53
Mario nun dobre pivote non pinta nada, pero nun medio campo con dous tíos máis, a poder ser con un que saiba que o balón é redondo, e con Mella a esquerda e Yeremay diante, pode liala.
Mario é diferencial na súa posición, en medio campo o que pode ser é un xogador do montón.
roped escribió: ↑Miércoles 18 de Junio de 2025, 12:53
Eu non digo que xogar con 3 centrais sexa o sistema ideal, o sistema que usamos este ano tamén é perfectamente valido, pero para seguir con el case mellor tamén seguir co mesmo adestrador, non?.
Non coñezo a Hidalgo nin sei o que pasa por dentro da súa cabeza, pero debería estar moi cego para cargarse o tridente ofensivo máis envidiado e con máis futuro de toda a categoría...
Yeremay non é Messi, está a anos luz de selo, nin tampouco é o "noso Messi" , de feito sería máis ben o "noso Mbappe", o do PSG concretamente.
Ximo vai para 35 tacos, moitos para andar subindo e baixando a banda toda a tempada, o normal é que algún momento baixe o pistón, ou casque, eu non vexo ben unha planificación que conte con el de titular no lateral, tampouco vexo a Escudero no outro lado para ser titular. Foron de 1ª, moi bos, pero os anos non pasan en balde, e no lateral a vellez canta máis.
Mario en ese sistema xogaría no medio campo pero mirando máis arriba, non tería moito que ver co que fixo este ano cando o retrasaron.
Un tridente ofensivo tan bo como individualista, que mata o dianteiro centro, e que determina o traballo defensivo do equipo, para mal o meu entender.
Eu non vexo mala cousa probar outros sistemas, se non funcionan sempre se pode voltar o punto de partida.