Mensaje
por roped » Lunes 26 de Febrero de 2024, 11:18
Seguramente me expresei mal, eu digo que Arxentina debería poñer aranceis os seus propios productos agrícolas, usar o fisco para evitar que a comida se venda fora porque precisana dentro. Ante iso que van facer os países industriais?, subir os seus propios aranceis para evitar vender coches ou teléfonos?, non ten sentido.
UE, pero sobre todo USA e China poñen aranceis as importacións dos demais, non os seus propios productos.
O sistema baseado na débeda é un sistema condenado debido a que a producción de bens e servizos mundial, deicando a marxe o sector financieiro, tende cara rendementos decrecentes, pedir prestado, diñeiro de mentira pero ese é outro tema, cando non se pode devolver porque a economía está estancada, ou directamente cae, é un suicidio, tanto en Arx como no resto do mundo, pero iso os capitalistas aínda non o entenderon, so o farán a base de hostias, cando a banca se quede con todo porque non imos poder devolver o prestamo.
Non creo que a débeda arxentina sexa un producto moi atractivo a día de hoxe, mantense en pé porque institucións internacionais, partidistas, rescataron a Arx contradecindo as suas propias normas internas, concretamente foi o FMI.
Arx xa implosionou, o caso é que os capitalistas estades dacordo con que a implosión a pague xente qu enon pode comer, e eu quero que a implosión afecte os 7 arxentinos que están na lista forbes.
China non é unha ONG, pero os africanos din que son máis baratos, fiables e eficientes que os occidentais.
O mesmo é o que promete Milei, é exactamente o mesmo que fixeron os militares nos 80, e logo Menén, Macri... aliarse con China e socializar os medios de producción si sería unha novidade de verdade.