Marcos escribió: ↑Miércoles 24 de Enero de 2024, 23:33
ArkadiaGame - Consola Retro - Consola Portatil - Game Boy - Retro Game Console - Emulador Consola Retro - Game Stick Lite 4k - Game TV Stick - Videoconsola Retro - Consola Arcade <----en amazon
alguien ha probado estas consolas de emuladores de gameboy, arcade, mame, etc?Es para un regalo pero yo no tengo ni idea como van.Ya se que por 60 pavos nadie da duros a pesetas pero alguien sabe como tira esto?
A min paréceme tira-los cartos. Eses sticks o único que fan é lanzar algunha distribución de xogos que hai de balde por Internet, configurada e cunha restra de xogos onde moitos están repetidos ou non os coñece nin Juan. Si, non tes que configurar nada pero a calidade do hardware é mínima. Teño un colega que mercou un stick deses e, co que se quentaba, duroulle uns días e do que podes ler por aí xa din que non son grande cousa. Basicamente, custan 20 euros en Aliexpress, así que non agardes moita calidade. Por marketing, din que leva non sei que procesador moi moderno e 4K e non sei que pero moitas veces nin iso é certo. Os elementos da placa son os máis barateiros que atopen e o resto plástico. Ademais, só traen ata a Play 1 e ata dubido que poidan con eses xogos.
Eu ó colega ese e a outro instaleilles o Batocera nuns USBs e quedaron encantados. E ten máis consolas (ata a Play 3 se tes un bo ordenador e cun ordenador normaliño van ben ata os da Play 2 e da Xbox), admite incluso pistoliñas (light guns), actualízase coma calquera sistema operativo e ata trae un rollo que che permite xogar online ós xoguiños das consolas antigas, en plan xogar con outros colegas que tamén teñan instaladas AS MESMAS VERSIÓNS DE TODO. O caso é que o Batocera haino que instalar e configurar e baixar os xogos e tal e igual é unha liada para quen non controle un mínimo. Pero, vaia, no meu caso teño instalados tanto o
Batocera coma o
Arcadium e pillei 2 mandos de Play 3 de segunda man por Internet. Entre o USB e os mandos gastaría uns 40 euros. E se ós colegas nos sae do carallo facer un día que nos aburramos un torneo dalgún xoguiño de antes, en plan Super Sidekicks ou algún da Super Nintendo ou así, quedamos polo Whatsapp, un abre a sala, pasa os datos, unímonos e pumba, rei de pista ou o que decidamos. Non sei cantos ten de límite pero para 3 ou 4 persoas dá ben e admite tanto "xogadores" coma "invitados" que miran a partida. Netplay chámase ese conto e actívase dándolle a un botón do mando (o que abra a sala ten que abrir o porto que se use ou activar UPnP no router). O único, que estes métodos van a través dun ordenador e, coma agasallo, pois non sei e igual é moito traballo se non coñeces alguén que controle un pouco para que che instale e configure o conto pero danlle mil voltas a eses sticks. Pero iso si, Batocera é compatible con algúns TV Box (hai moitos vídeos por Youtube) e aí si que sería enchufar e listo (igual cós sticks) e cun aparato que, seguramente, é moito mellor ca eses sticks. Por poñerche algún exemplo de vídeo, tes
este ou
este (un pouco antigos, seguramente). Ou poderías instalar, na vez de Batocera, Emuelec, que disque é máis compatible cos TV Box.
En resumo, se non te queres enrollar con instalacións e configuracións, podes probar algún do que viras un vídeo e tal pero, vaia, tes probabilidade de que se escaralle, así que eu mercaríao en Amazon ou nalgunha tenda física aínda que sexa máis caro có prezo que ten ese mesmo stick en Aliexpress. Polo menos, se se escaralla tes a garantía de que che poden dar outro ou devolver os cartos (en Amazon, polo que se comenta, non che poñen problemas, aínda que eu tampouco podo opinar porque nunca tiven que devolver nin aproveitar unha garantía aí). Por poñerche algún exemplo, dos (poucos) que vexo en Amazon con bastantes opinións tes estes:
https://www.amazon.es/Gen%C3%A9rico-Con ... B0BQ8B3G9D
https://www.amazon.es/controladores-ina ... B0CKPFT346
https://www.amazon.es/controladores-con ... B0CGLTQ8KZ
https://www.amazon.es/Retro-Mini-inal%C ... B0CK4Q3VBJ
https://www.amazon.es/Consola-conectabl ... B0CQ2TXBZW
E, para que vexas unha review dalgún, tes, por exemplo,
este, que é o
deste vídeo. 39 euros e envío por Amazon (envíao Amazon e de calquera incidencia co envío encárganse eles) pero xa ves que di que non é moita cousa. Agora ben, nos propios comentarios dese vídeo hai xente que recomenda un stick, o "Game Stick Y6" (
vídeo 1,
vídeo 2). Mirando, parece ser que ten boas opinións. É máis caro, 76 euros o máis barato en Amazon na versión de 64GB (custa
menos de 50 euros en Aliexpress e podes atopalo sobre uns 20 con oferta) pero disque ata tiran "medianamente" os xogos de Play 1 e de PSP. Algo é algo. Pero tan caro en Amazon que ata preferiría arriscar cun de Aliexpress que atopara de oferta (a ligazón de Aliexpress é a que dá o autor dun dos vídeos de Youtube). E, despois, está outro que "recomendan", o
Gamestick X2 plus gd10, algo máis barato có Y6 e que inclúe unha cousa que me gusta moito, que é que, como se ve no vídeo, usando unha combinación de teclas pódese desbloquear o menú e queda o menú típico das distribucións (é igual có do Batocera, por exemplo). Usando ese menú, podes modificar tódolos parámetros que precises ata atopar os que mellor che funcionen. Custa
menos de 50 euros en Aliexpress e
en Amazon custa 50 euros. Eu seguramente escollería este último porque por rendemento, polo que se ve nos vídeos, non anda moito peor có Y6 pero permite fedellar nos menús e cambiar cousas que mellorarían, probablemente, o rendemento. O que si que me gustaría sería atopar máis comentarios porque dos de Aliexpress calquera se fía e en Amazon non vexo opinións. Pero, vaia, polo que se ve nos vídeos funciona decentemente e ten unha interface bastante máis bonita ca outros. Do Y6 gústanme as "ranuriñas" de ventilación, aínda que segue sendo plástico, e parece ser que é o que ten mellor rendemento pero paréceme un pouco caro, polo menos en Amazon.
Quedoume un pouco longo pero a ver se isto axúdache escoller.
P.D: Os mandos de todos van a pilas. Non sei canto duran pero van a pilas. E, ollo, eu escollería as versións de 128GB se non hai moita diferenza de prezo e, como din nos vídeos, faría unha copia de seguridade da tarxeta por se acaso se escaralla. E, como din tamén nos vídeos, se ves que se pon lento, borraría parte dos xogos para que houbera algo máis de sitio na tarxeta e o sistema non cargara tanta cousa e fora un pouco máis lixeiro (supoño que funciona como cando tes o disco duro petadísimo, que ves que fai máis lento o sistema).