Teño un colega que quedou solteiro hai uns anos e estiven quedando con el porque precisaba falar e tal. O caso é que puxo o Tinder e non tiña like ningún. E tampouco é un orco, só que está algo rellenito (tampouco está gordo) e vai cunhas gafas podres. Entre o irmán e máis eu fixémoslle cambiar algunhas fotos e despois un día mirando por apps polo estilo instalou Bumble e outras. Ata miramos unha noite que saímos por aí un fío de Forocoches onde recomendaban apps pero non me decatei da trolleada e fíxenlle instalar o Grinder e ata fixo perfil e todo Mirando perfís por Grinder dicíame el: "E aquí non hai máis ca cracos!!". Unhas risas. En Bumble coñeceu unha rapaza e ben. A verdade é que a máis normal das que coñeceu nesas apps. Pero a rapaza é de Ciudad Real e el é mariñeiro e claro, ela quería que fora para alí e non quixo. Pero, vaia, que é como dicides vós. Elas teñen 5000 opcións aínda que sexan unhas truchas e os homes, quitando algúns, pouca cousa. Tivo algúns likes e quedou cunhas cantas e el, claro, cóntame. Vounas dividir en apartados e comento algunhas
- Un día andabamos fedellando no seu Tinder e, sen querer, démoslle a un botón que fai como que aparezas coma destacado. E de repente chegoulle un like dun pibonazo e faloulle (ela a el). Non recordo se lle falou de repente ou se buscamos o perfil pero falaron. E el tentou conversar. Era o seu primeiro like e a primeira conversa que tiña na app. Ata me preguntaba a ver que dicirlle e tal. Por querer ser bo e preguntar e tal, ós poucos minutos de andar falando, pumba. Non lle fixo puto caso. Xa lle dixen eu que á próxima coa que falara lle dixera de quedar sen tanto falar e que se non quería que fora cagar. Recordoume a un capítulo de Family Guy onde Quagmire pon o Tinder e comeza sendo bo. Nunha app destas vas ó que vas, tanto homes coma mulleres.
- Quedou primeiro cunha que dicía no perfil que era "demisexual" ou algo así. Tivemos que mirar en Google e poñía que significaba que só tiña sexo se estaba namorada. Xa tivemos que aplicar o filtro aí. Pola foto, unha rapaza moi guapa. Tiña xa 40 e algo pero non os aparentaba nin de coña. Iso si, noteille algo que non me gustou. Tiña "ollos de tola". Díxome que moi ben, que foron por aí, despois foron tomar algo e que ben. A el gustoulle. Quedaron outro día e xa comezaron as caralladas. Primeiro díxolle se a invitaba a unha hamburguesa de kobe que daban non sei en que sitio. El flipando. De kobe? Non che vale do McDonalds... El é moi boíño e non lle dixo nada. Foron tomar algo e listo. E outras cousas que non recordo. Non sei se ese día ou outro díxolle que a el lle gustaba e que se quería ir quedando e "probar" e ela díxolle que non o vía coma unha parella, que ela sentía que tiñan unha "conexión emocional". Conexión emocional!! Eu xa fartándome de rir. Dicíame el: "Se fora futbolista en ves de mariñeiro polo carallo lle importaba tar namorada". Tola de todo.
- Outro día falou con unha que era bastante fea pero quedou con ela. Bueno, unha comedia. A tía contándolle que tiña diarrea e non sei que rollos e falándolle de peidos. O caso é que uns días antes a ex do meu colega volveulle falar despois de non sei canto tempo e xa se vía que quería algo. E un día estabamos tomando algo e púxose chatear con ela (coa ex) e el falándolle aí en plan bo rapaz "ji ji ja ja". Eu eu miraba e dicíalle que fora cabrón e que lle dixera de meter un polvo porque sabía que el aínda a quería e que non a esquecera e el que non e con escusas. Bueno, insistinlle e díxollo e ela díxolle que non, que se o mozo e non sei que. O caso é que días despois volveron falar e ela comentoulle que xa cortara co mozo e que o día ese, cando lle dixo iso, que a puxera cachondísima (non digo a frase literal por se hai menores lendo ). Despois quedaron coma follaamigos e ían quedando para meter un polviño. Pois, volvendo ó tema da rapaza do Tinder, o día que quedou con ela como que non se caeron moi ben e cando marchaban colle ela e dille: "Bueno, ahora vete a hacerte una paja", en plan como chamándoo pajillero. Faltándolle ó respecto porque si. E dille el: "Non vou, non, que agora vou meter un polvo cunha coa que quedei" (a ex). Outra tola.
- Despois falou e quedou con algunha outra e tamén tolas. El xa dicíndome que filtraba. Se pon "madre de gatos", tola. Se pon algún rollo en plan "demisexual", tola. Se pon frases tipo "Sólo conversaciones interesantes", tola. Etc. E despois algunha que ó dicirlle que é mariñeiro xa nin caso. El cando quere pasar dalgunha xa lle di "ti gatos e viño".
- E agora, a mellor. Un día falou polo Tinder cunha rapaza tamén moi guapa, un pouco máis nova ca el e tal. El ten 40. Ela non falaba moito e tardaba días en responderlle (moito me jode isto, paréceme unha faltada) pero el insistiu un par de semanas. E un día iamos no coche e vai ela e chámao ó móbil e estiveron media hora falando. Eu escoitaba coma de fondo e a rapaza parecía simpática. Quedaron ese día e veu encantado. Moi simpática, de preto de onde é el (aínda que vive na Coruña) e tal. Gustoulle moito. Quedaron outra vez ou así e ben. Pero ela volveu co conto de deixarlle as mensaxes en visto e tardar días en responderlle e, ademais, empezou contarlle mentiras. Pois comezou así con escusas e el por non ser borde e pasar dela pois, ben, falaba con ela por falar. E ela colleu confianza e un día comezoulle falar máis seguido. Quedamos dar unha volta e dicíame que estaba xa farto, que levaba todo o día toleándoo con que lle saíra unha hemorroide e estaba asustada. Dramitas. E escribíalle todo o tempo. E el dicíalle que fora ó médico e ela falándolle non sei que de PACS e non sei que. Non sabía ir ó médico. E el ofreceuse ir á casa dela e acompañala e tal. E ela que se estaba en pixama, que non sei que comedias. E dille el que a ver, que só é unha hemorroide, que a ten todo o mundo, que non é o tifus. E vai ela e dille: "¿Qué es el tifus?". Nós xa flipando. E a tía é enxeñeira. E despois a conversa virou en que estaba triste pola hemorroide e porque era moi maior e non ía ser nai. E el dicíalle que aínda non era tan vella (daquela tiña trinta e pico). Pois ela que se fixo un test de non sei que movida e que dicía que lle quedaba un ano para ser nai e que se tiñan algo quería ir convivir xa ós 2 meses e ós 5 ou 6 meses pensar xa de ter un fillo Bueno, unha comedia. Resumindo, chegou un momento que el se fartou e xa lle dixo que se ela estaba interesada nel. E dille ela que non, que se quere poden ser amigos. E dille el en plan que daquela para que me das like nunha app de citas. Cabreouse e pasou dela. Outra tola.