Tristan escribió: ↑Miércoles 28 de Agosto de 2019, 14:45
Las izquierdas tienen mesías y profetas que nos hablan de las bondades del incorporeo, todopoderoso y omnipresente estado.
O Estado, en toda a súa inmensidade, tamén posúe unha parte física ben definida, as veces ata leva porra e pistola, é máis esa é a parte do Estado que máis vos mola aos liberais, sobre todo cando mallan na xente para garantir a seguridade xurídica do capital, aínda que tamén vos gusta cando o Estado se disfraza de papa noel e rescata co diñeiro de todos os negocios privados de uns poucos pero poderosos incompetentes.
Cando iso sucede o Estado perde o apelido de paternalista que so é aplicado cando este apoia as clases humildes, trasmutando en un admirable e incorruptible árbitro que unicamente vela polo respecto as regras do xogo liberal, o que inclúe castigar ao infractor revolucionario que pon en cuestión os valores da democracia burguesa, se non respetas as regras, leña!!!, pero leña da gorda, os liberais gústavos moito a liberdade, sobre todo a vosa, polas boas sodes un exemplo bonhomía, pero polas malas non tendes problemas en meter a xente no caldeiro por longas tempadas, ou mesmo asasinalos, se a cousa se pon fea e perigan os vosos dividendos.