Página 1 de 1
Re: Pablo García [Cadete]
Publicado: Miércoles 07 de Diciembre de 2022, 23:24
por Fisterrán
#ANOSACANTEIRA suma un novo internacional español, Pablo García, titular hoxe coa sub-15
07/12/2022 21:06
- Foto: @SEFutbol -
Pablo García Taboada (A Coruña, 23 de xaneiro de 2008), lateral do Cadete de División de Honra, está concentrado coa selección española sub-15, no torneo Football Federations Cup, que se xoga en Alacante até o venres 9 de decembro.
Hoxe mércores, Arabia Saudita en Benidorm foi o primeiro rival dos españois e de Pablo García, que debutou como internacional e súmase á lista de internacionais de #ANOSACANTEIRA.
O futbolista coruñés disputou os 90 minutos aínda que o sabor foi agridoce, posto que a selección española caeu (0-1) cun gol saudita no minuto 88.
O seguinte partido para o canteirán branquiazul será este venres 9 de decembro ás 11:00 fronte a México en La Nucía.
O calendario de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Mércores 7 de decembro
ESPAÑA 0 - ARABIA SAUDITA 1
Venres 9 de decembro
11:00: ESPAÑA - MÉXICO, no Estadi Olímpic Camilo Cano de La Nucía
Pablo García pertence ao cadro do Cadete que lidera a División de Honra con 5 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o RC Celta.
A consecuencia deste torneo, o defensor branquiazul foi baixa no partido ligueiro do seu equipo hoxe mércores en Abegondo ante o Pontevedra CF.
#ANOSACANTEIRA volve estar no punto de mira das categorías inferiores da selección española porque recentemente o dianteiro do Xuvenil A Kevin Sánchez participou coa sub-18 en dous partidos amigables ante Suíza na Ciudad del Fútbol de Las Rozas e o atacante do Cadete, José Rey, gañou coa sub-16 o torneo Football Federations Cup.
Re: Pablo García [Cadete]
Publicado: Martes 31 de Enero de 2023, 23:47
por Fisterrán
O deportivista Pablo García Taboada foi titular na selección española sub-15 no contundente triunfo ante Polonia
31/01/2023 22:10
- Foto: @SEFutbol -
Pablo García Taboada, lateral do Cadete de División de Honra, está concentrado coa selección española sub-15 con motivo dun dobre amigable ante Polonia, ambos no Estadio Guillermo Amor de Benidorm.
Hoxe martes 31 de xaneiro, os españois derrotaron aos polacos (3-0), nun partido no que Pablo García (na foto co dorsal 2) foi titular. O futbolista coruñés foi relevado no minuto 68, co choque xa sentenciado, por José Manuel Ortega.
A selección española fundamentou este triunfo na súa firmeza defensiva, co que a portería hispana quedou sen encaixar; e a súa eficacia en ataque.
A próxima cita de Pablo García ante Polonia será no mesmo escenario, o Estadio Guillermo Amor de Benidorm, este xoves 2 de febreiro ás 11:00 horas.
O calendario de partidos da selección española sub-15 é o seguinte:
Martes 31 de xaneiro
ESPAÑA 3 - POLONIA 0
Xoves 2 de febreiro
11:00: ESPAÑA - POLONIA, no Estadio Guillermo Amor (Benidorm)
Ese mesmo xoves, o canteirán branquiazul emprenderá viaxe de regreso á Coruña.
O pasado mes de decembro, Pablo García xa disputou coa selección española sub-15 o torneo Football Federations Cup, competición que xogou esta temporada tamén outro cadete branquiazul, José Rey, neste caso coa sub-16.
Kevin Sánchez e Manu Berrocal, ambos coa sub-18 masculina; e Elena Vázquez coa sub-17 feminina foron outros membros de #ANOSACANTEIRA citados nesta temporada polas categorías inferiores de España.
Re: Pablo García [Xuvenil A]
Publicado: Jueves 14 de Marzo de 2024, 9:27
por joan_capdevila
Se sabe algo sobre la lesion de Pablo? No esta jugando ni entrando en convocatorias
Re: Pablo García [Xuvenil A]
Publicado: Domingo 17 de Marzo de 2024, 15:36
por caabrego
Ya esta recuperado. Esta jugando el Juvenil A y esta en la banca.
Re: Pablo García [Xuvenil A]
Publicado: Domingo 12 de Mayo de 2024, 15:03
por Bisbi
caabrego escribió: ↑Domingo 17 de Marzo de 2024, 15:36
Ya esta recuperado. Esta jugando el Juvenil A y esta en la banca.
Pabliño en dos/tres años está en el primer equipo, su carrera es taaan parecida a la de Mella, siendo el mejor siempre, jugando 2 años por encima…es un avión.
Re: Pablo García [Xuvenil A]
Publicado: Domingo 12 de Mayo de 2024, 16:09
por Mjail
No parece rápido, ni fuerte, ni alto, ni gran defensor ni atacante, y sin embargo hace "todo" bien, se va cuando se tiene que ir, controla el juego, está para llevarse la bola y molesta cuando tiene que hacerlo. Con su edad, pinta muy bien.
Re: Pablo García [Xuvenil A]
Publicado: Domingo 12 de Mayo de 2024, 18:29
por joan_capdevila
A mi me encanta la verdad. Parece bastante desarrollado para su edad, veremos si todavía le queda por crecer algo