É o que hai cando teñen que ascender 27 a 2ª porque lle queren dar o ascenso ao primeiro de cada grupo de 3ª. Se aumentan os grupos de 2ª a 6 e descenden 4 de cada un + 3 en playoff, teñen que ascender 12 a 1ª, por tanto descenderían 6 de cada grupo de 1ª en vez de 5. Descenderían de 1ª Federación o 30% dos equipos (12 de 40) e de 2ª a 3ª o 25% (27 de 108). Sería subir o problema unha división. Agora descenden o 15% de 1ª LFP, o 18% de 2ª LFP, 25% de 1ª RFEF e 30% de 2ª RFEF. Canto máis arriba máis fácil é aguantar. Ten certa lóxica.
Estaba mellor antes, con 18 ascensos en playoff e 4x4 + 2 descensos a 3ª.
Descenderían de 1ª a 2ª 10 equipos de 40 e de 2ª a 3ª 18 equipos de 72, o 25% en ambos casos.
O nivel de 2ª aumentaría.
Non se darían ascensos por criterios xeográficos. Absurdo que o campión de La Rioja ascenda si ou si ou que ascendan 2 andaluces obrigatoriamente.
Xogarían o playout os que quedasen quintos pola cola, sen andar mirando cal é o mellor 14º. Por que ten que ser o mellor 14º o que máis puntos ten? É que non entendo. Igual é porque os 3 ou 4 últimos do seu grupo regalan partidos e ganan a eses e pouco máis.
Deberían tratar de evitar estas cousas de mellor 5º pola cola, grupos impares, etc.
E de 2ª LFP a 1ª RFEF é igual. 4 de 22 son poucos descensos. A esa liga sóbranlle equipos desde hai mil anos.