Sardinha escribió:Interesante artigo de
Paco Herrera (adestrador) falando de Bergantiños:
Tácticamente, es un jugador de un nivel superior. Es un segundo entrenador dentro del campo, algo que cada día es más difícil de encontrar.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/t ... 796803.htm
O curioso é que neste foro moita xente cuestionaba precisamente esa faceta táctica, na miña opinión inxustamente, é certo que moitas veces corría aparentemente como un polo sen cabeza, de xeito pouco ordenado, pero creo que isto era debido o seu afán por apagar lumes prendidos por outros compañeiros con menos compromiso defensivo, tentaba parar unha sangría que nin o mesmísimo Mauro podería conter, a pouco que o equipo, os 11, xoguen con certo rigor defensivo Bergantiños mellora moito, pero por moito que mellore xamais será un Busquets, e non porque non lle de a cabeciña, senón porque non ten a calidade suficiente para facer o que deseguro pensa, con todo é un xogador moi válido para 2ª , e sempre foi cuestionado, e seguirao sendo.
Creo que ten madeira de bo adestrador, sospeito que será mellor adestrador que xogador, espero que sexa o noso Arsenio do século XXI.